HomesociedadeLa Vuelta 2023 con aceite de Quiroga

La Vuelta 2023 con aceite de Quiroga

O aceite de Quiroga volve a recorrer España, por cuarta vez, coa volta ciclista, La Vuelta 2023. O aceite quirogués forma parte do stand “...E para comer, Lugo”, que a asociación de hostalaría da provincia de Lugo (APEHL) coloca na zona vip de todas as saídas de etapa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

La Vuelta arrincaba o pasado sábado, 26 de agosto, desde Barcelona e rematará, tras máis dunha vintena de etapas, en Madrid o 17 de setembro. O stand co aceite de Quiroga estará presente nas saídas de etapa en terras de Barcelona, Andorra, Tarragona, A Costa Blanca, Valladolid, Zaragoza, Pamplona, Santander, Asturias, León e Madrid.

Esta é a cuarta vez que o aceite de Quiroga participa nesta promoción turística que fai a asociación de hostalería da provincia dende hai once anos e na que participan unha vintena de produtos presentados por distintos consellos reguladores da provincia entre os que destacan dentro da zona da Ribeira Sacra, o viño, as galletas mariñanas de Chantada e o aceite quirogués.

O persoal da Asociación atende aos asistentes (ciclistas, patrocinadores, xornalistas especializados…) e, a maiores de servir aperitivos elaborados con produtos da terra, difundirá exemplares da última edición da guía turístico gastronómica …E para comer, Lugo.

A asociación de hostaleiros de Lugo calcula que estes postos son visitados cada ano por máis de 20.000 persoas, o que supón unha importante promoción para o aceite de Quiroga.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...