HomesociedadeO CCU celebra a ‘volta ao cole’ coa opción de gañar ata...

O CCU celebra a ‘volta ao cole’ coa opción de gañar ata 500 € en vales agasallo

A gran festa que organizan os comerciantes asociados ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte para darlle a benvida ao novo curso escolar será o vindeiro 9 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

O centro histórico de Monforte, e a Praza de España como epicentro, serán protagonistas dun divertido campo de xogos onde se poderá gozar dun futbolín humano, unha diana xigante e outras sorpresas.

As actividades desenvolveranse o vindeiro 9 de setembro en horario de mañá, de 12 a 14:00 h., e de tarde, de 18.00 a 20.00 h. sendo necesario para acceder a elas presentar tickets de compra dos establecementos asociados por un importe mínimo de 10 euros (só serán válidos os que teñan a data do 25 de agosto en adiante).

ATA 500€ EN VALES AGASALLO

O CCU de Monforte reta aos participantes a demostrar a puntería co toque de balón e ofrece a posibilidade de gañar ata 500 euros en vales agasallo para gastar no comercio local asociado.

Para participar neste reto deben seguirse os seguintes pasos:

1- Hai que estar presente antes das 18.30 h. na Praza de España, xunto á Diana Xigante, e avisar aos monitores do interese en participar no concurso (requírese puntualidade).

2- Para poder participar no concurso cómpre presentar tickets de compra dalgún dos establecementos asociados ao CCU por un importe mínimo de 10€ (só serán válidos tickets con data do 25 de agosto ou posterior).

3- Só poden participar persoas maiores de idade ou menores acompañados por algún dos seus pais ou representante legais.

PREMIOS E MECÁNICA DO CONCURSO

Os participantes no concurso de puntería do CCU poderán gañar un destes tres premios:

1. Primeiro clasificado: 300 € (6 vales agasallo de 50€).

2. Segundo clasificado: 150 € (3 vales agasallo de 50€).

3. Terceiro clasificado: 50 € (1 vale agasallo de 50€).

Aínda que a mecánica exacta do concurso explicarase in situ o mesmo día do evento, xa que esta dependerá en boa medida do número de participantes (por cuestións de tempo), basicamente consistirá en demostrar a puntería na Diana Xigante que estará instalada na Praza de España.

Cada participante terá a opción de golpear o balón co pé un número de veces a determinar e obterá unha determinada puntuación en función de todos os seus lanzamentos. Esa puntuación fará que se clasifique ou non para a final da que sairán os gañadores dos 3 premios xa comentados.

NORMAS DE REFORZO QUE LEMBRA O CCU

1. Todos os premios serán entregados en vales de 50€.

2. Cada vale debe ser gastado integramente nun mesmo establecemento asociado ao CCU (non se poden dividir).

3. Non se poden gastar/utilizar máis de 2 vales (100€) nun mesmo establecemento.

4. O CCU non se fará responsable en caso de incumprimento desta normativa por parte do cliente premiado ou por parte do establecemento asociado que reciba os vales agasallo. O cliente debe saber ao participar no concurso que non pode utilizar máis de 2 vales nun mesmo establecemento asociado ao CCU e os establecementos asociados deben saber que non poden aceptar máis de dous vales da mesma persoa premiada.

5. Os vales agasallo teñen como data de caducidade o 25 de setembro de 2023. Pasada esa data non poderán ser utilizados polo premiado nin aceptados en ningún establecemento asociado.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...