HomeMedio ambiente e PatrimonioO outono, motivo fotográfico no Camiño de Inverno a Santiago

O outono, motivo fotográfico no Camiño de Inverno a Santiago

A Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organiza o 2º Concurso Fotográfico Camiño de Inverno a Santiago en Outono. O 30 de decembro rematará o prazo para presentar os traballos.

Publicado o

- Advertisement -

O concurso que organiza a Asociación dos Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra está aberto a todos os interesados, se ben todas as fotografías deben de estar relacionadas co Camiño de Inverno a Santiago en outono. As fotografías poden ser en branco en negro ou a cor e deben de presentarse nun tamaño de 30 x 45 ou de 24 x 30 e en dixital. Cada participante pode presentar un máximo de 3 fotografías inéditas que no dorso incluirán o título, o lugar no que foi tomada e o lema. Nun sobre pechado adxuntaranse os datos do autor, incorporando no exterior do sobre os mesmos datos que na fotografía.

As fotografías remitiranse libres de gastos a: Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, C/ Historiador Germán Vázquez, nº 15, 27400 Monforte de Lemos. Establécense 3 premios de 250€, 150€ e 100€ que definirá un xurado formado por técnicos da Asociación e técnicos de fotografía. O faio do xurado farase público  na segunda quincena de xaneiro do 2019.

As mellores fotografías serán expostas, posteriormente, nos diferentes concellos que integran a ruta. As premiadas quedarán en poder da Asociación e o resto devolveranse aos seus autores despois do periodo expositivo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...