HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelA estrada LU-651 estará cortada por obras en Folgoso na ponte sobre...

A estrada LU-651 estará cortada por obras en Folgoso na ponte sobre o Lor

O corte total da estrada estará activo desde as 09,00 horas do mércores ata o domingo ás 18,00 horas, aproximadamente.

Publicado o

- Advertisement -

A LU-651 estará cortada a partir do próximo mércores con motivo das obras de reforzo na ponte sobre o río Lor, en Folgoso.

O corte total da estrada estará activo desde as 09,00 horas do mércores ata o domingo ás 18,00 horas, aproximadamente.

Así o informou a Xunta, nun comunicado, que explicou que as actuacións son necesarias para reforzar a seguridade e a vialidad de forma eficiente na ponte, debido ao incremento de tráfico pesado polas obras de mellora da estrada entre Ferrería Vella e Seoane do Courel.

Estes traballos preventivos desenvolveranos na ponte á altura do punto quilométrico 27,18. Con todo, para facilitar o desprazamento entre Folgoso do Courel e Seoane durante o corte haberá itinerarios alternativos.

Desta forma, poderán tomar en Folgoso a estrada LUP-4701, cruzar o río Lor na ponte de Baldomir, e a 4,5 quilómetros, collendo o desvío por unha estrada local cara a Eiriz e Lousadela, onde se tomaría a LU-P-1306 cara á Seceda e Sobredo ata volver á LU-651, á altura de Mogoxe.

Para acceder a Seoane, especialmente os vehículos pesados, tamén poden optar por diferentes percorridos. Poderán acceder pola estrada provincial LU-P-1301 que entra no concello polo norte, procedente de Hospital, en Pedrafita do Cebreiro.

Tamén poderán chegar pola LU-P-5601, por Lóuzara e Meiraos. Outra ruta sería a LU-P-1303, que provén do leste e do sur, procedente de Quiroga, por Ferramulín, Hórreos e Visuña.

Os accesos tanto a Ferreirós de Arriba como a Ferreirós de Abaixo desde Folgoso do Courel non ven afectados. Da mesma forma, os accesos desde Seoane á Ferrería Nova, Ferrería Vella e Mercurín tamén permanecen operativos.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...