HomesociedadeCortada a estrada provincial LU-P-5709 de Sarria a Paradela durante unha semana

Cortada a estrada provincial LU-P-5709 de Sarria a Paradela durante unha semana

A Deputación de Lugo comezou este xoves o estendido de aglomerado na estrada provincial LU-P-5709, entre os concellos de Sarria e Paradela, uns traballos que obrigan a cortar o tráfico na vía durante unha semana, quedando habilitados desvíos alternativos debidamente sinalizados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación nesta estrada, de Santa María a Castro de Rei de Lemos por Vilamaior, conta cun investimento de preto de 260.000€. Foi adxudicada a Excavaciones Santiños S.L. e afecta a cinco quilómetros de vía, dende o punto quilométrico 5,9 ao 10,7.

Entre os traballos xa levados a cabo inclúese a limpeza de laterais da vía e obras de drenaxe. Tras o estendido de aglomerado en quente restar a sinalización horizontal e vertical para rematar os traballos de rehabilitación.

As obras permitirán aumentar a seguridade e comodidade da vía, que conta con máis de 14 quilómetros, dos que 3,9 son no concello de Paradela e 10,3 pertencen a Sarria.

ÚLTIMAS

Detido un veciño de Sarria por delito continuado de estafa

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade lucense de Sarria acusado dun...

O BNG esixe ao Goberno manter o tren das 23:00h entre Ourense-Monforte-Lugo

O BNG advirte de que a supresión deste servizo supón un novo recorte nas...

IX Xornada Castañeira nos Anguieiros, Quiroga, este 1 de novembro

O sábado, 1 de novembro, a partir das 17:00h celebrarase un obradoiro de elaboración...

O PP pedirá explicacións no Congreso pola supresión da praza de carteiro en Ribas de Sil

A voceira popular, Sandra Macía, condena a perda de servizos no municipio “sen que...