HomesociedadeGloria Prada representa a Monforte e a Ribeira Sacra nunha mostra turística...

Gloria Prada representa a Monforte e a Ribeira Sacra nunha mostra turística de Portugal

A Tenente de Alcalde da cidade do Cabe participou no acto inaugural e noutras accións promocionais na Feira de turismo do Eixo Atlántico que se celebra na localidade de Valongo. Monforte conta cun stand propio e o evento durará ata o domingo 10 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o 6 de setembro, e ata o día 10, ten lugar a Mostra de Turismo das cidades do Eixo Atlántico, Expocidades, un evento que se celebra na localidade portuguesa de Valongo, no Parque Urbano de Ermesinde. En representación de Monforte, e da Ribeira Sacra, acudiu a Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada.

Nesta sétima edición de Expocidades o Concello de Monforte conta cun stand propio dende o que promocionará o potencial turístico, artístico e gastronómico da cidade e da Ribeira Sacra. Neste espazo pódese atopar material de promoción oficial do Concello, como é a Guía Turística oficial do Concello ou a Guía do Peregrino, e algúns produtos de degustación da Ribeira Sacra.

“A cidade do Cabe amosará as posibilidades turísticas, unha oferta centrada no turismo de proximidade dada a relativa distancia que existe entre as cidades galegas e as portuguesas e a variedade de ofertas turísticas para o visitante”, destacou Gloria Prada o día da inauguración, día no que tamén aproveitou para participar noutras accións promocionais.

EXPOCIDADES’ COMO ESCAPARATE TURÍSTICO

A Mostra de Turismo das cidades do Eixo Atlántico, Expocidades é unha ferramenta de promoción do turismo de proximidade das cidades do Eixo Atlántico que busca promovelas na súa contorna de mercado máis próxima, así como tamén aproveitar para favorecer a relación directa entre produtores turísticos e comercializadores. Esta feira de turismo celébrase desde 2013, tan só interrompida polos dous anos de pandemia, e nesta edición contará con 30 expositores.

Nesta feira, ademais da mobilidade turística na contorna máis inmediata, promocionaranse tamén os seus produtos gastronómicos. Tendo en conta isto, Expocidades integrarase por primeira vez coa Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, un evento que se vén organizando desde hai unha década en diferentes cidades e que conta coa participación de produtores tradicionais e de excelencia de Galicia e Norte de Portugal. Este programa, liderado polo Barco de Valdeorras, forma parte das actuacións do Eixo Atlántico para impulsar o desenvolvemento económico e fixar poboación nos territorios de menor densidade demográfica. Neste caso, promociónanse espazos de comercio para os pequenos produtores e artesáns tradicionais.

Aproveitando a ocasión, súmase a este escaparate turístico a vila anfitrioa con “Expoval – Mostra do Concelho de Valongo”. Unha iniciativa que chega á súa 15ª edición co lema “Valongo, Serras do Porto” e a intención de promover un novo concepto de emprendemento e de afirmación territorial.

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...