HomePolítica"As obras de Adif en Oural acumulan un retraso de 3 anos...

“As obras de Adif en Oural acumulan un retraso de 3 anos e non permiten velocidade alta”, denuncian desde o PP provincial

Os populares piden, unha vez máis, a inclusión de Lugo na Alta Velocidade para superar a discriminación da provincia nas comunicacións por tren por parte do Goberno de Sánchez, xa que, din, “a herdanza que deixa o Goberno socialista e de Podemos durante estes cinco anos en materia de infraestruturas é unha herdanza que Lugo non merece." remarcan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo destaca que as obras que está  a realizar Adif, en Oural, acumulan un retraso de tres anos e “non son nin alta velocidade e nin van a permitir a velocidade alta”. Así o poñen de relevo, afeando ao delegado do Goberno en Galicia por afirmar que os traballos marchan a bo ritmo. Os populares manifestan que “son obras con retrasos e con recortes, pois, ademais de seren prometidas en 2020, a velocidade dos trens Ourense-Lugo coas obras que está a facer o Ministerio é de 160 km/h, moi por debaixo das velocidades que alcanza un AVE (300 km/h), e tamén por debaixo das velocidades máximas do Eixo Atlántico (200 km/h).”

Os populares insisten en que o Goberno de Sánchez non fixo máis “que illar Lugo en materia de infraestruturas prexudicando a calidade de vida da cidadanía e lastrando o desenvolvemento e a competitividade do tecido empresarial.” Lembran que foi o actual Goberno en funcións o que decidiu de xeito unilateral “impedir que a provincia de Lugo poida estar conectada co resto de España por Alta Velocidade, ao suprimir as variantes de Rubián e Cadabal-Os Peares.”

Desde o PP, poñen de relevo a necesidade de apostar polas infraestruturas, tal e como recollía o seu programa electoral, “en maio de 2018, o ministro popular ,Íñigo de la Serna, presentara un proxecto que conectaría Lugo coa alta velocidade rebaixando o tempo da viaxe a Madrid. As actuacións previstas para este plan contaban cun investimento de 283 M€ e definía varias alternativas para implementar a alta velocidade na provincia de Lugo.”

Lamentan que o Goberno reducira no 2019 “nun 65% o orzamento contemplado por Rajoy para a renovación e as variantes entre Monforte e Lemos e nun 27% para electrificación entre Monforte e Lugo. Como consecuencia, este proxecto foi quedando fóra dos orzamentos do Estado.” E lembran que presentaron nos orzamentos deste ano 3 emendas por máis de 25M€ nas que se pedía incrementar a anualidade orzamentaria en 2023 para impulsar a renovación da liña Monforte-Lugo, incluíndo as variantes de Rubián e Canabal-Os Peares, imprescindibles para reducir os tempos de conexión de Lugo con Ourense e, polo tanto, coa alta velocidade. “Ademais de incluír unha partida de 150.000 euros para estudar a viabilidade para a conexión ferroviaria entre a cidade de Lugo e Santiago e de Lugo coa Mariña lucense. Unha iniciativa que foi aprobada no Congreso sen o apoio do PSOE”, conclúen os populares.

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...