HomesociedadeA comarca de Chantada, a única do sur da provincia na que...

A comarca de Chantada, a única do sur da provincia na que o paro non subiu en agosto

Cos datos do paro no mes de agosto, a secretaría de acción sindical de CCOO considera necesario cambiar o sistema produtivo por depender demasiado do sector servizos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lamentan desde CCOO que o paro aumentara na zona sur da provincia, situándose en 1987 parados, reducíndose soamente no Saviñao con 7 parados menos, Bóveda, Carballedo e Chantada. O sindicato amosa tamén a súa preocupación coa comarca Sarria, ao engrosar nas listas do paro 5 sarriáns máis, sendo os sectores da hostalería e educativo os causantes deste aumento.

Datos comarca de Lemos, 1.277 (+21):

  • Bóveda, 36 (-3)
  • Pantón, 92 (+2)
  • Monforte de Lemos, 912 (+25)
  • A Pobra do Brollón, 56 (=)
  • O Saviñao, 115 (-7)
  • Sober, 66 (+4)

Datos comarca de Quiroga, 201 (+2):

  • Folgoso do Courel, 37 (+1)
  • Ribas de Sil, 33 (=)
  • Quiroga, 131 (+1)

Datos comarca de Chantada, 509 (-3):

  • Taboada, 90 (+3)
  • Carballedo, 59 (-3)
  • Chantada, 360 (-3)

Datos comarca de Sarria, 787 (+5):

  • O Incio, 39 (+5)
  • Láncara, 75 (-4)
  • Paradela, 18 (=)
  • O Páramo, 30 (=)
  • Samos, 34 (+3)
  • Sarria, 582 (+2)
  • Triacastela, 9 (-1)

CC.OO. ve un bo comportamento nos sectores (Industrial e Agro Gandeiro), en concellos como Triacastela e Láncara e amosa a súa preocupación pola perda de empregos en Inelcom e o declive da Cementeira de Oural. O sindicato anuncia ademais que vai levar ao xulgado do social “a tropelía da Xunta, co colectivo de profesores interinos dos distintos Institutos de Lugo” e lamentan que “a dirección de Domusvi despedira a unha traballadora (fisioterapeuta), de forma sectaria; despois dunha longa traxectoria impecable de máis dunha década de servizos”. A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO. Lugo xa o ten o tema en mans dos servizos xurídicos ao consideralo “unha clara represalia sindical contra CC.OO.”

ÚLTIMAS

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...