A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima este 14 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades nos últimos días de agosto. Tras o primeiro día oficial de vendima entraron en adega 1.453.200 quilos de uva, dos que a maioría corresponden a Mencía, 722.971 quilos. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:
Variedades tintas
- Mencía 722.971 quilos
 - Merenzao 25.758 quilos
 - Garnacha 19.901 quilos
 - Brancellao 19.609 quilos
 - Caíno tinto 11.662 quilos
 - Tempranillo 3.283 quilos
 - Sousón 2.743 quilos
 - Mouratón 406 quilos
 
Variedades brancas
- Godello 543.352 quilos
 - Albariño 48.487 quilos
 - Treixadura 43.216 quilos
 - Loureira 4.495 quilos
 - Dona Branca 4.315 quilos
 - Blanco Lexítimo 1.978 quilos
 - Torrontés 1.024 quilos
 
Os viticultores rexistrados para esta vendima son 1.971 e as hectáreas rexistradas 1.307. A uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo.

                                    