HomeOpinión"Grazas por todo", os pais de Noel e Omar agradecen os 5...

“Grazas por todo”, os pais de Noel e Omar agradecen os 5 anos pasados no CB Val de Lemos

Noel e Omar Cortiñas son dous mozos de Chantada que desde hai 5 anos baixaban a Monforte a entrenar co CB Val de Lemos. Agora teñen 15 e 18 anos e xa non están no CB Val de Lemos porque Noel no segundo ano de cadete foise para o COB Ourense e Omar xoga no equipo da Universidade en Alicante, a onde se trasladou por estudos. Seus pais, Maite Vallo e Luis Cortiñas agradecen o traballo do club.

Publicado o

POR
Maite Vallo e Luis Cortiñas
- Advertisement -

Estas letras de agradecemento, tentan expresar dúas sensacións: a TRANQUILIDADE (como pais é dificil acadala cando os fillos cativos non están con nós) que tivemos estes anos nas moitas horas que os nenos pasaron con vós, e o DESEXO de que nos permitades seguir sendo parte da familia “Val de Lemos”.

Non vos coñeciamos nin a nivel persoal nin profesional, e nestes anos (tampouco tantos) axudástenos moito a que eses nenos sexan persoas “capaces” de voar soas.

Agradecidos, por mudar a frialdade do pavillón polo calor que nos destes nas gradas no persoal; por facer que os quilómetros, os madrugóns e os tardes nos fosen de sobra compensados polo trato “familiar” que tivestedes con nós, deixándonos claro que podiamos confiar en vós.

Se no persoal sentímonos deudores con moitas nais e pais que xa formades parte do noso Patrimonio de amigos, no profesional foi espectacular o que acadástedes cos nosos nenos. Non temos coñecementos de baloncesto, pero fixéstedes, que como pais flipásemos véndoos na pista e ata onde conseguístedes que os valoraran.

Deudores con Sanchino, Sobrino, Celia e o resto do cadro técnico do club. Sodes moi bos sacando o mellor de cada neno na pista. Grazas “F” por deixalo inmortalizado.

Queremos seguir formando parte desa familia, deses valores nos que os nenos están no centro de todo o que facedes

GRAZAS CB Val de Lemos e moitísimas grazas Marga por todo. Seguimos.

Pais de Omar e Noel

Omar Cortiñas / CB Val de Lemos

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...