HomesociedadeIsaac Rodríguez novo presidente de Agora, substitúe a Manuel Barreiro despois de...

Isaac Rodríguez novo presidente de Agora, substitúe a Manuel Barreiro despois de 25 anos

A asociación AGORA renova xunta directiva, que agora preside Isaac Rodríguez. “Seguiremos traballando, como sempre, para e polas persoas con discapacidade para promover os seus dereitos e a súa plena inclusión na sociedade", expresa o novo presidente tras asumir o cargo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación AGORA de Monforte de Lemos vén de renovar a xunta directiva durante a celebración da XXIII Asemblea Xeral Extraordinaria. A nova dirección estará integrada por Isaac Rodríguez como presidente, Mario Díaz como vicepresidente, Mónica Álvarez como secretaria, Manuel Barreiro como tesoureiro e, como vogais estarán: José David Castiñeira, Francisco Guitián, María del Carmen Guedes, Esther Jacobo, Dámaso Cachaldora e Pilar Silvosa.

“Esta etapa supón un reto e un gran pracer, pero tamén unha responsabilidade”, expresaba Isaac Rodríguez tras ser elixido presidente da entidade. No seu discurso tivo unhas palabras agarimosas para o que foi o presidente da entidade durante vinte e cinco anos, Manuel Barreiro, dicindo que “é un referente no movemento asociativo das persoas con discapacidade, o seu traballo e o do resto de compoñentes da súa directiva, deron lugar a un crecemento da entidade que a día de hoxe xestiona diferentes recursos e actividades dirixidos a mellorar a calidade de vida, o empoderamento e o exercicio dos dereitos das persoas con discapacidade”. Isaac remataba dicindo “agardo continuar dito traballo e co apoio de todas as persoas que este ano contribuíron á misión da entidade”.

A nova xunta directiva, elixida por un período de tres anos, continuará traballando “para e polas persoas con discapacidade, co obxectivo de promover os seus dereitos e a súa plena integración na sociedade”, indicaba o Presidente, ofrecendo servizos especializados para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, como os que desenvolve o centro de día con 34 prazas en contrato coa Consellería de Política Social e Xuventude, a vivenda tutelada dirixida a promover a autonomía que conta con 7 prazas, ademais dos programas de intervención social, psicoloxía, de logopedia e fisioterapia, así como un servizo de transporte adaptado.

AGORA

A Asociación AGORA nace en 1992 para traballar polos dereitos das persoas con discapacidade da comarca de Monforte de Lemos. Actualmente presta servizo a 32 persoas e ten 88 persoas socias, ás que o Presidente tivo presentes trasladándolles o seu agradecemento, segundo dixo, “polo seu apoio e a súa confianza ao elixirme como presidente da entidade”. Tamén convida ás persoas que aínda non coñecen a asociación que contacten con ela ou que sigan nas redes as actividades e programas que ten en marcha.

ÚLTIMAS

O Desfile da Confraría do Viño de Quiroga abre os actos da Feira do Viño

Baixo ameaza de chuvia uns minutos antes da unha do mediodía deste sábado os...

Quixós, terceiro posto na 2ª Copa galega de Promoción de Slálom

O encoro de Pontillón do Castro, en Verducido (Pontevedra), onde están as instalacións da...

O Ministerio de Transportes afrontará a remodelación do firme da N-540 tras a Semana Santa

O Goberno inviste preto de 11 millóns de euros na renovación integral do viario...

XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas na Feira do Viño de Quiroga

Dentro do actos da Feira do viño de Quiroga, o día 19 a partir...