HomePolíticaO BNG denuncia que o concello do Saviñao ten varios días sen...

O BNG denuncia que o concello do Saviñao ten varios días sen alumeado público á veciñanza da Páxara

O pasado venres A Páxara, unha aldea do Saviñao da parroquia de Licín, ficou sen alumeado público por mor da treboada. Segundo os nacionalistas saltou o diferencial, pero que se prolongue a solución por varios días "é un problema de deixadez absoluta e de falta de respecto aos veciños."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os nacionalistas cualifican de vergoñenta esta situación despois de varios días sen luz. Aseguran que cando se lle notificou o problema ao alcalde, aseguou que ata este luns non se podía avisar á empresa de mantemento e pregúntanse “se a resposta sería a mesma de ter acontecido no casco urbano.”

Para o BNG isto é unha deixadez por parte do concello, “que en pleno século XXI se permita o luxo de deixar a unha aldea sumida na escuridade varios días porque ninguén pode vir coa chave para abrir a caixa e subir o diferencial.”

Para o BNG, isto é “unha mostra de que non se goberna para todos igual.”

ÚLTIMAS

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...