HomesociedadeDispositivo de seguridade da romaría do San Mateo que se celebra o...

Dispositivo de seguridade da romaría do San Mateo que se celebra o 21 de setembro en Monforte

O xoves, 21 de setembro, a parroquia de A Parte acollerá numerosos visitantes e, por ese motivo, na xuntanza acordouse establecer un único sentido de circulación na estrada de acceso ó campo da festa, con entrada dende a parroquia de Valverde e saída pola estrada do canal de regadío e Reigada. A zona estará sinalizada e haberá un control de tráfico permanente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu este luns a xuntanza técnica na que se perfilou o dispositivo de seguridade da romaría do San Mateo, que terá lugar este xoves 21 na parroquia de A Parte. Da xuntanza participaron tamén a tenente de alcalde, Gloria Prada, o inspector da Policía Local, Miguel Martínez, así como representantes da Policía Nacional, Garda Civil, Bombeiros e Axentes da Cidadanía do Concello.

“O obxectivo” destaca o alcalde, “é que a romaría e festa se celebren coa maior tranquilidade e seguridade posibles, e para iso dende o Concello coordinamos un dispositivo no que contamos coa colaboración dos diferentes Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, ademais de persoal municipal e da Policía Local”.

Así, no dispositivo deseñado dende o Concello participarán, coordinados pola Policía Local, outros Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, así como persoal colaborador municipal de Servizos á Cidadanía. O dispositivo inclúe unha ambulancia contratada polo Concello, por se fose preciso atender a algunha persoa.

Xunta de seguridade San Mateo 2023 / Concello de Monforte

Os axentes da Garda Civil vixiarán as saídas e as entradas ó lugar da romaría. Ademais, a Policía Local velarán pola seguridade do recinto da festa e dos seus arredores; tamén haberá efectivos da Policía Nacional. Neste senso, durante toda a xornada haberá unha patrulla tanto da Policía Nacional como da Policía Local permanentemente no espazo do evento. Na noite previa á celebración da romaría haberá unha patrulla da Policía Nacional con presencia reiterada na zona. Na véspera o concello colocará no recinto da festa varios contedores para que a xente poida depositar neles os residuos xerados durante a celebración. Esta Romaría do San Mateo, é a última das actividades programada polo Concello de Monforte dentro do Verán Cultural.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...