Homesociedade"No alzheimer eu tamén son protagonista", AFAMON celebra o Día Mundial do...

“No alzheimer eu tamén son protagonista”, AFAMON celebra o Día Mundial do Alzheimer

O contexto no que vivimos indícanos que cada ano diagnostícase en España uns 40.000 casos novos de alzheimer, as cifras de persoas coidadoras tamén ascendan proporcionalmente. ¿Que quere dicir isto? Que as persoas, dunha forma ou doutra están relacionadas co Alzheimer e outras demencias, cada vez en maior medida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O dia 21 de setembro é o Día Mundial do Alzheimer. Dende a Federación Galega de Asociacións de Familiares de persoas con Alzheimer (FAGAL), decídese conmemorar este día baixo o lema “...E lémbrate do Alzheimer”.  “No alzheimer eu tamén son protagonista” unha frase que recolle a necesidade de incluír a todas as persoas que forman parte do alzheimer e outras demencias (as familias, traballadores de todo tipo, investigadores, políticos, artistas que dan voz, etc).

Na mesma liña, a Confederación Española de Alzheimer (CEAFA) concentra no lema “Integrando a Innovación”, a necesidade de seguir recuperando, ano tras ano, reivindicacións e propostas similares que non foron adecuadamente atendidas por quen custodia a responsabilidade de lexislar e establecer mellores marcos de vida para as persoas afectadas como  primeiro elemento de innovación.

Afamon súmase a esta conmemoración para sensibilizar ás administracións públicas e ás persoas en xeral de que a única forma de preservar a memoria destas persoas o maior tempo posible é lembrarse delas. Telas como prioridade sanitaria, investir, investigar e actuar.

O programa de actividades de Afamon será o seguinte:

  • Día 23 de setembro, sábado. Entre as 10:00 e  as 14:00 horas situarase unha mesa informativa na rúa Cardenal de Monforte (zona peonil) onde membros da xunta directiva, voluntarios e traballadores de AFAMON informarán sobre a enfermidade e as actividades da asociación, entregando folletos con consellos para coidadores das persoas nesta situación.
  • Venda de Lotería de Nadal con donativo. Xa se pode adquirir tamén no local social na R/ Doutor Casares nº 35, baixo de Monforte.
  • Durante este mes de setembro as persoas usuarias colaboran na deseño dunha “performance” tomando como referencia o lema “No Alzheimer eu tamén son protagonista,” que estará visible ao pública na fachada da sede de AFAMON ata o setembro.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...