HomesociedadeEn marcha 5 obradoiros de emprego que formarán a 120 persoas do...

En marcha 5 obradoiros de emprego que formarán a 120 persoas do sur de Lugo

Os obradoiros de emprego realizan obras de mellora nos municipios que os acollen.

Publicado o

- Advertisement -

Un total de 120 persoas traballan nos cinco obradoiros de emprego que están en marcha en 14 concellos do sur da provincia; Monforte de Lemos (acondicionamento das instalacións da Escola Obradoiro de A Pinguela), Sillor V (Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga), Serra do Faro V (Chantada e Carballedo), Baliño 2 (Pantón, O Saviñao e Sober) e Ulla-Miño V (Antas de Ulla, Palas de Rei, Monterroso, Taboada e Portomarín). Cada obradoiro recibe 288.800 euros  e conta con 20 participantes.

Tres dos proxectos optaron pola fórmula dos obradoiros duais. Tratáse dunha ensinanza no que  o alumnado pode sumar ao contrato de formación e aprendizaxe no obradoiro -que dura nove meses- outro posterior nunha empresa do entorno de polo menos tres meses máis. En concreto, está previsto que poidan acollerse a esta modalidade 11 alumnos do  Serra do Faro, nove do Ulla-Miño e oito do de Monforte de Lemos.

Do total de contratos realizados, un centenar corresponde a alumnos traballadores, que reciben formación teórica e práctica para reorientar a súa traxectoria laboral; o resto son monitores, directores e persoal de administración.

O proxecto Sillor V formará en “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción” a sete persoas en Folgoso do Courel, que traballarán na rehabilitación das  escolas da Teixeira e O Carballal e o seu entorno para convertelas en centro social e realizará os remates interiores do centro social de Sobredo.

A especialidade de “Operacións auxiliares de albanelaría, de fábricas e cubertas” terá seis alumnos en Ribas de Sil, dedicados á construción do Museo da Minaría Romana, e outros sete en Quiroga,  para avanzar na ampliación do Museo Xeolóxico e acometer a reforma  interior do pavillón polideportivo municipal.

En canto ao proxecto de Monforte de Lemos, oito alumnos fórmanse en “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción” e doce en “Fábricas de albanelaría”, e traballarán no acondicionamento das instalacións das escola obradoiro da Pinguela.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste preto de 1,5 millóns de euros no conxunto dos  proxectos (1.486.000 euros).

 

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...