HomeEconomíaA empresa Fenestra S.L. amplía a súa presenza no polígono do Reboredo,...

A empresa Fenestra S.L. amplía a súa presenza no polígono do Reboredo, en Monforte

Con esta operación, adxudícanse as dúas últimas parcelas que quedaban dispoñibles nesta área industrial, pendente agora de ampliación nuns 275.000 metros cadrados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico” (SEA), Beatriz Sestayo, subscribiu a adxudicación á empresa “Fenestra S.L.” de 13.740 metros cadrados do polígono industrial O Reboredo en Monforte de Lemos.

Con esta operación, adxudícanse as dúas últimas parcelas que quedaban dispoñibles nesta área industrial, para a que “SEA” xa aprobou a tramitación dunha segunda fase, que supoñerá o desenvolvemento doutros 275.000 metros cadrados de solo coa previsión de poder licitar as obras no prazo dun ano dada a demanda existente.

Beatriz Sestayo asinou o acordo co responsable da empresa Fenestra, S.L., Miguel Ángel Balboa de la Fuente, que prevé así ampliar as actuais instalacións do Reboredo, nas que conta con 25 empregados.  Así mesmo quixo poñer en valor a puxanza e o esforzo do sector empresarial de Monforte, que contribuíu de forma esencial a converter o devandito polígono non só nun eixo central da economía da comarca senón tamén nun polo económico fundamental en toda Galicia. A xerente de SEA lembrou tamén que “este mesmo ano xa se esgotaron todas as parcelas dispoñibles dunha área empresarial que conta con 365.000 metros cadrados e que suma a máis de 30 compañías, entre as que destacan a farmacéutica Indukern ou a compañía láctea Oviganic”.

SUELO EMPRESARIAL DEL ATLÁNTICO S.L.

Suelo Empresarial del Atlántico, S.L. é unha Sociedade Mercantil Estatal, participada maioritariamente polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Goberno de España a través de Sepes, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia. Na actualidade, xestiona 13 parques empresariais que suman máis de 4 millóns de metros cadrados de superficie, dous deles no sur de Lugo: Monforte de Lemos e Chantada.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...