HomePolíticaEsperta Monforte leva ao pleno deste luns unha moción sobre a "tala...

Esperta Monforte leva ao pleno deste luns unha moción sobre a “tala masiva de frondosas en Distriz”

Presentan tamén unha moción demandando a recollida de augas puviais na baixada ao campo da festa de Gullade. Piden que se acabe cos problemas de inundacións que causan desperfectos nas casas e fincas do lugar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa mercantil Proforgal SL. ten solicitida autorizacion para realizar unha tala masiva de árbores frondosas na parroquia monfortina de Distriz, tal como se recolle no anuncio publicado non BOP numero 194 de Lugo de data 24/8/2023. Os bosques son os principais almacenadores de carbono do planeta, e constitúen un elemento fundamental na loita contra o cambio climatico, contribúen á preservacion da paisaxe, ao mantemento da humidade dos chans e á regulacion dos fluxos de auga. As árbores frondosas ademáis supoñen unha barreira contra os incendios forestais e a desertificación.

“No noso concello está solicitada esta tala masiva de frondosas (carballos, ameneiros, bidueiros…) onde se pretenden talar máis de 2.000 árbores nunha área sensible medioambientalmente, próxima a Rede Natura 2000 “río Cabe”, e conectada ecolóxicamente con esta a través das veigas e chairas de inundación de ríos e regatos tributarios do Cabe. Descoñecemos se o goberno municipal realizou algunha alegacion en tempo e forma ante a Confederación Hidrográfica  para frenar esta tala”, explican desde Esperta Monforte.

E propoñen na moción un posicionamento claro do pleno para impedir esta tala e a favor dunha xestión sostible dos recursos naturais e preservación das paisaxes rurais. Piden tamén que ese posicionamento se faga chegar á Confederación hidrografica, Ministerio de Medioabiente, Conselleria de medio rural, e aos medios de comunicación.

ÚLTIMAS

O 5 de decembro ás 18:30h Monforte acende o alumeado de Nadal

O rexedor, José Tomé, presentou o dispositivo do alumeado deste Nadal que terá o...

O programa ‘Lugo Termal’, da Deputación de Lugo, abre prazo de inscricións

A alta demanda que rexistra nos últimos anos o programa Lugo Termal, fará que...

Gran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

O club Quixós de Piragüismo vén de rematar a tempada cunha exitosa participación no...

O 1 de decembro abre a inscrición dos Campamentos e Obradoiros de Nadal no Concello de Chantada

O Concello de Chantada vén de anunciar os 'Campamentos e Obradoiros de Nadal', actividades...