HomeSucesosFerido e trasladado ao hospital en helicóptero un ciclista tras sufrir unha...

Ferido e trasladado ao hospital en helicóptero un ciclista tras sufrir unha caída en Triacastela

O suceso tivo lugar na tarde deste martes na estrada LU-633, ao seu paso por Triacastela.

Publicado o

- Advertisement -

Un ciclista resultou ferido na tarde deste martes ao sufrir unha caída na estrada LU-633, ao paso polo municipio de Triacastela.

Sobre as 15.30 horas, o 112 foi informado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense para a atención médica do ciclista accidentado. Unha vez no punto, o ciclista foi trasladado na aeronave ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, para prestar apoio aos servizos sanitarios, o 112 Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Sarria e dos axentes da Garda Civil.

ÚLTIMAS

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...