HomePolíticaA Deputación de Lugo lémbralle ao PP que foi a Xunta a...

A Deputación de Lugo lémbralle ao PP que foi a Xunta a que non autorizou no 2008 seguir cos traballos na LU-P-4206

A Deputación de Lugo lamenta que o Grupo Provincial Popular pida no Pleno provincial do mes de setembro, que se celebrou esta semana, impulsar a continuación e construción da vía provincial LU-P-4206 á beira do río Miño entre Paradela e O Saviñao, "cando a Xunta de Galicia non autorizou estas obras no 2008."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, explicou que os técnicos da Administración galega foron os que rexeitaron o proxecto para continuar esta vía ao tempo que lle contestou á bancada popular ao acusar ao Goberno provincial de non traballar por mellorar a rede viaria provincial. “Nós levamos arranxados moitos quilómetros de estradas, pero xa lles adianto que non se van facer quilómetros novos de estradas porque agora mesmo temos a maior rede de estradas do Estado con 4.400 quilómetros e o seu mantemento é moi difícil, os recursos son limitados”. Tomé insistiu en que a Xunta debería facerse coa titularidade de vías de comunicación principais que ten agora mesmo a Deputación, pois sería a solución para poder telas en mellor estado de conservación.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asegurou que o PP “só fai un suma e segue, e continúa reclamando obras imposibles porque, neste caso, unha ampliación desta estrada suporía poñer en risco a pervivencia do noso patrimonio”, explicou, facendo referencia ao mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela, que está catalogado como Ben de Interese Cultural. “Se lles preocupa o turismo e o desenvolvemento desta comarca poderían pedirlle á Xunta que desenvolva un plan de mellora desta comarca, con obras nas estradas que dean un servizo óptimo a estes concellos e ao turismo”, concluíu.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...