HomePolíticaDetido o que foi alcalde de Quiroga durante máis de 30 anos...

Detido o que foi alcalde de Quiroga durante máis de 30 anos acusado dun delito de violencia de xénero contra a súa muller

O ex alcalde pasou na mañá deste venres a disposición xudicial no Xulgado número dous de Monforte, que decretou a súa posta en liberdade coa prohibición de aproximarse e de comunicarse coa vítima e a condición de investigado por un delito de violencia de xénero. O PP de Lugo iniciou a suspensión da súa militancia.

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

O que fóra alcalde de Quiroga durante máis de 30 anos, o popular Julio Álvarez, foi detido acusado dun delito de violencia de xénero. 

Segundo informaron fontes da investigación, o arresto tivo lugar na tarde do xoves por un suposto delito de violencia de xénero contra a súa parella.

O ex alcalde pasou na mañá deste venres a disposición xudicial no Xulgado número dous de Monforte, que decretou a súa posta en liberdade coa prohibición de aproximarse e de comunicarse coa vítima e a condición de investigado por un delito de violencia de xénero.

Nas pasadas eleccións municipais de maio o que fóra durante máis de tres décadas alcalde do municipio lucense de Quiroga non encabezou a lista do PP, tras decidir retirarse da primeira liña política.

Ante a noticia, o Partido Popular de Lugo iniciou a suspensión da súa militancia. Nun comunicado remitido aos medios, o Partido Popular de Lugo asegura que condena profundamente e de forma enérxica toda violencia de xénero.

Por iso, informou de que a dirección provincial xa puxo en coñecemento do Comité de Dereitos e Garantías do partido, seguindo o que marcan os estatutos da formación, a petición de suspensión automática da súa militancia.

“Como non pode ser doutro xeito, o PP da provincia de Lugo mostra o seu absoluto respecto á acción da xustiza e ao proceso que un acontecemento destas características leva asociado”, indicou.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...