HomesociedadeO novo centro de maiores da Pobra do Brollón estará rematado, previsiblemente,...

O novo centro de maiores da Pobra do Brollón estará rematado, previsiblemente, nun ano

A Deputación de Lugo adxudicou a construción do centro de maiores da Pobra do Brollón por case 2,2 millóns de euros, segundo informou a portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto.

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

A Deputación de Lugo adxudicou a construción do centro de maiores da Pobra do Brollón por case 2,2 millóns de euros, segundo informou a portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto. Fíxoo tras a xunta de goberno na que se adxudicou unha actuación que se levará a cabo na avenida de Outeiro e que contará cun prazo de execución de doce meses.

“Esperamos en 14 meses estar cos traballos de equipamento”, apuntou a deputada provincial, que informou que na sesión tamén se deu luz verde á adxudicación por máis de 260.000 euros das obras de mellora de servizos de abastecemento de auga, iluminación e saneamento no núcleo urbano da Pastoriza.

Entre outras actuacións, deuse luz verde á reposición da sinalización vertical e horizontal de 26 quilómetros da estrada provincial LU-P-0708, que dá servizo aos concellos de Baleira, Becerrá, A Fonsagrada e Navia de Suarna. Ademais, tamén se deu o visto e prace ao último trámite administrativo para o pago de subvencións por un importe de case 22.000 euros a cinco entidades asociativas da provincia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...