HomesociedadeA vendima na D.O. Ribeira Sacra con 6.425.411 quilos recolleitos xa supera...

A vendima na D.O. Ribeira Sacra con 6.425.411 quilos recolleitos xa supera a da campaña pasada

99 adegas están rexistradas para vendimar nesta campaña na D.O. Ribeira Sacra, 63 xa finalizaron a vendima, 26 seguen vendimando e 8 aínda non comezaron. Dúas das adegas rexistradas non elaborarán viño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na D.O. Ribeira Sacra, a vendima segue aberta nun tercio das adegas rexistradas e supérase xa a campaña do ano pasado, que se pechaba o 11 de outubro con 6.092.707 quilos de uva recolleitos.

Da variedade maioritaria, Mencía, vendimáronse neste 2023, 5.064.146 quilos. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 5.064.146 quilos
  • Garnacha 247.561 quilos
  • Merenzao 67.841 quilos
  • Brancellao 52.499  quilos
  • Caíno tinto 36.573 quilos
  • Tempranillo 32.837 quilos
  • Sousón 42.910 quilos
  • Mouratón 6.227 quilos
  • Grao Negro 2.010 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 696.526 quilos
  • Albariño 96.525 quilos
  • Treixadura 60.305 quilos
  • Dona Branca 7.903 quilos
  • Loureira 5.191 quilos
  • Branco Lexítimo 4.287 quilos
  • Torrontés 2.070 quilos

ÚLTIMAS

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...