HomesociedadeAlbores acolle obradoiros de novas tecnoloxías para mulleres

Albores acolle obradoiros de novas tecnoloxías para mulleres

O Programa, que se denomina Galegas Dixitais, ofrece formación para a dixitalización das mulleres de contornas rurais e agasalla a aquelas que realicen un dos módulos, de 15 días de duración, cunha tablet e a quen realice os tres módulos de seis semanas de duración total, cun ordenador portátil e unha tablet. Entregarase un título acreditativo de cada módulo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade desenvolverase no local da Asociación Albores Saúde Mental en Monforte e está destinada a mulleres con calquera tipo de doenza mental (ansiedade, depresión…) e ás súas achegadas, en situación de desemprego ou con contratos a xornada parcial ou por debaixo da súa titulación.

En caso de quedar prazas libres cubriranse con outras mulleres que estean interesadas. Para inscribirse poden chamar ao 982.404.968 ou enviar un correo electrónico a albores@albores.org. As solicitudes serán atendidas por orde de inscrición.

O primeiro módulo dará comenzó o día 16 de outubro e rematará o 27 de outubro. Realizarase de luns a venres en horario de 16:00 a 21:00 da tarde. Consistirá nunha formación sobre competencias dixitáis básicas. O segundo e terceiro módulos son de competencias dixitais avanzadas e competencias dixitais para o emprendemento

A entidade organizadora é Be Project Consultores e Ara Formación e conta con financiamiento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, cos fondos Next Generation da Unión Europea e cos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...