HomePolíticaO PP de Samos critica a medida do edil de deportes "para...

O PP de Samos critica a medida do edil de deportes “para que os maiores da residencia traballen de maneira altruísta no horto da instalación”

O pleno de outubro no Concello de Samos deixa un balance negativo para os populares que lamentan actitudes do equipo de goberno, como que o edil de deportes, afirmara que os maiores da residencia municipal da vila “deben de traballar de maneira altruísta no horto que está proxectado nunha parcela contigua ás instalacións”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro popular en Samos, Miguel Gallego, explica que esta afirmación do edil nacionalista causou un fondo malestar na vila, sobre todo entre os usuarios da residencia e os seus familiares, xa que “despois de toda unha vida traballando, dende o equipo de goberno pretenden que estas persoas sigan a traballar. A resposta que lle dan os usuarios é que vaia sachar el”.

Miguel Gallego tamén lamenta que o equipo de goberno rexeitase a proposta do PP para que o concello de Samos subvencionase unha parte do material escolar que precisan os nenos do colexio. “É incrible que a alcaldesa rexeite axudar ás familias da vila poñendo como escusa que non é cousa do concello”.

Outra iniciativa que xerou polémica foi a negativa da alcaldesa a dar voz á veciñanza para que elixan o nome da nova praza de Samos alegando que o nome ten que ser Fiz Vergara Vilariño porque os outros nomes propostos, como o do abade Mauro “eran ditadores e franquistas. Queda claro que ao BNG só lle interesa dar voz á cidadanía cando lles interesa”, conclúen.

ÚLTIMAS

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...