HomeTerra de LemossanidadeA importancia de previr, ver chegar e actuar ante un ictus

A importancia de previr, ver chegar e actuar ante un ictus

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) e Afundación organizan un ciclo de sesións informativas en diferentes cidades galegas para sensibilizar sobre o dano cerebral. Unha delas será o vindeiro 18 de outubro no Espazo+60 que a devandita fundación ten na Rúa Cardeal de Monforte. Informamos dos contidos da charla e de como inscribirse para participar.

Publicado o

POR
redacción
- Advertisement -

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) e Afundación colaboran na organización dunha xeira de charlas para a sensibilización arredor do dano cerebral adquirido, unha discapacidade provocada fundamentalmente por ictus e traumatismos cranioencefálicos que afecta a unhas 36.000 persoas en toda Galicia.

Trala boa acollida de público da edición pasada, ambas entidades volven sumar forzas coa programación de 10 sesións informativas sobre a casuística, dimensión e prevención do dano cerebral que se realizarán en diferentes vilas e cidades galegas.

En Monforte, a sesión será o mércores 18 de outubro ás 18.15h no Espazo+60 de Afundación (Rúa Cardeal Rodrigo de Castro, 18,). Está dirixida a un dos colectivos de risco, as persoas maiores, polo que o seu contido centrarase na promoción de hábitos saudables, na detección de signos e síntomas de alarma e nas pautas de actuación en caso de sufrir dano cerebral, prestando especial atención ao ictus, primeira causa de discapacidade adquirida en España.

DÍA DO DANO CEREBRAL

A actividade enmárcase na programación informativa e divulgativa que a Federación Galega do Dano Cerebral desenvolve con motivo do Día Nacional do Dano Cerebral que se celebra o 26 de outubro.

O obxectivo das charlas é contribuír a loitar contra o descoñecemento e axudar na prevención desta súbita lesión cerebral que adoita considerarse unha “epidemia silenciosa” pola dificultade para detectar as súas secuelas.

FEGADACE, ademais do apoio de Afundación, conta con financiamento da Consellería de Política Social dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

INSCRICIÓNS PARA PARTICIPAR

As sesións están dirixidas a persoas de máis de 50 anos e, aínda que a asistencia é de balde, é preciso inscribirse previamente da seguinte maneira:

  • As persoas socias do Espazo+60 de Afundación poden anotarse no local da Rúa Cardeal de Monforte de Lemos.
  • As persoas que non son socias poden cubrir un formulario de inscrición online, ou chamar ao teléfono 881 943148.

ÚLTIMAS

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...