HomeCulturaDe Sober a Vigo en catro páxinas

De Sober a Vigo en catro páxinas

A escritora Moncha Prieto participará nun libro de relatos que promove unha editorial viguesa. Os textos foron seleccionados entre máis de 200 traballos presentados a un concurso literario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Moncha Prieto, escritora de Sober, estará presente no libro de relatos que a Editorial Elvira escolleu para unha próxima publicación. Os textos, de catro páxinas como máximo, foron seleccionados entre máis de 200 traballos presentados ao X Certame de relatos Vigo-Histórico.

A autora do relato “Os papagaios do Conde” inspirouse no libro “La Gloriosa tragedia de Rande” de Francisco J. Ruiz Aldereguía, autor que tamén reside no Concello de Sober.

Xabier Romero, director da Editorial Elvira di que a idea deste certame xurdiu dunha conversa co poeta Carlos Oroza, falecido en Vigo en novembro de 2015. O obxectivo foi poñer en valor a creatividade que emana de cada recuncho da cidade. A editorial preserva ese legado e esta é a X edición.

Para esta obra colectiva están a recibir relatos de moi diversos lugares, de toda América, de Cuba, e, por suposto, de Galicia e do resto de España. O nivel dos traballos recibidos é alto e a porcentaxe dos escritos en galego anda polo 30%, o que é significativo.

Como homenaxe ao poeta, a editorial tamén convoca o certame Premios Internacionais de Poesía Carlos Oroza.

MONCHA PRIETO

Moncha Prieto é unha soberina de Gundivós apaixonada da lectura e da escrita dende nena. No 2020 publicou o libro de relatos “Alma de barro, relatos da Ribeira Sacra”, a súa primeira obra en solitario. Foi un éxito editorial que lle está reportando unha grande satisfacción e que xerou un grande interese para os amantes da narrativa tradicional galega.

Este xornal fíxolle unha entrevista en profundidade ese ano, entrevista que podedes volver ler AQUÍ.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...