HomeCulturaBóveda, primeiro concello do sur de Lugo que proxectará o documental 'O...

Bóveda, primeiro concello do sur de Lugo que proxectará o documental ‘O médico dos pobres’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza un ciclo de proxeccións deste documental que debulla a vida do médico e alcalde republicano do Incio Manuel Díaz González. Foi coñecido como "O pequeniño do Incio" e asasinado polos falanxistas en 1936.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este traballo audiovisual, dirixido por Federico Rioboo e promovido pola asociación A Memoria é Naúfraga, proxectarase primeiramente en Lugo, e a continuación noutros concellos do sur de Lugo como son: Bóveda, Quiroga, Taboada, Chantada, Sarria, Samos, A Pobra do Brollón e Monforte. A devandita asociación organiza as proxeccións en colaboración con concellos e asociacións culturais das distintas localidades.

A estrea será este sábado 14 de outubro no Vello Cárcere (19:30 horas) e o domingo 15 proxectarase no Centro Sociocultural de Bóveda (18.00 horas). Nese concello, nunha casa de Xullán, na parroquia de Toimil, recuperada por A Memoria é Naúfraga como centro cultural e de memoria, refuxiouse Manuel Díaz antes de ser apresado e fusilado en setembro de 1936.

Este ciclo de proxeccións conta coa colaboración de concellos e asociacions culturais das diferentes localidades, e co apoio económico da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Dende o organismo provincial lembran que esta colaboración fai posible “a difusión e a viabilidade da produción, que contribúe á documentación da represión e ao recoñecemento das vítimas do franquismo“.

VINDEIRAS DATAS E CONCELLOS ONDE SE PROXECTARÁ O DOCUMENTAL

Quiroga: 24 de novembro

Taboada: 25 de novembro

O Incio: 26 de novembro

Chantada: 1 de decembro

Sarrria: 2 de decembro

As datas das proxeccións en Samos, A Pobra do Brollón e Monforte están por concretar.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...