HomeEconomíaO concello de Monforte reforza o SAF con 50.000€ máis para a...

O concello de Monforte reforza o SAF con 50.000€ máis para a atención á dependencia severa

Con este novo investimento de 50.000€, o concello incrementará en 840 horas por mes o servizo de dependencia que ofrece a través do SAF. A previsión aproximada será a atención de 15 persoas grandes dependentes e dependentes severos, que actualmente están en lista de agarda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Á vista das necesidades que se dan no servizo, especialmente nos grados de gran dependencia e dependencia severa, o concello decidiu reforzar economicamente o servizo, e solicitarlle á Xunta as horas pertinentes, “xa que é o organismo que ten as competencias para concedelas”, sinala a Tenente de Alcalde.

O concello tenta así desconxestionar a lista de agarda existente, axilizando o proceso de alta e reducindo o tempo de espera para o acceso ó servizo dun maior número de persoas en situación de dependencia, “que en moitos casos están sendo atendidos a través do servizo que o Concello dispón en  libre concorrencia e como medida de apoio mentres non acceden polo sistema de atención á dependencia”.

Sinalan desde o concello que a Xunta de Galicia é a que ten as competencias en servizos sociais, “e polo tanto no servizo de axuda no fogar, sen embargo destina soamente 12 € por hora fronte ós 19,12 € hora ordinaria e 21,98€ hora festiva que debe asumir o Concello. Consideramos necesario asumir este novo esforzo económico, para garantir un servizo axeitado e atender ás necesidades dos nosos usuarios”, asegura Gloria Prada.

O equipo de goberno salienta a prevalencia de avanzada idade das persoas dependentes que figuran neste servizo e a necesidade indispensable de atención nas actividades básicas da vida diaria principalmente das persoas gran dependentes, configurándose o SAF como un recurso de apoio fundamental. O concello de Monforte aprobaba en maio deste ano a adxudicación do contrato de Servizo de Axuda no Fogar á empresa Attende Care S.L por un importe de 5.513.724,58 € IVE incluído e un prazo de execución de tres anos.

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...