HomesociedadeTorre da Homenaxe en rosa o 19 de outubro, Día Mundial contra...

Torre da Homenaxe en rosa o 19 de outubro, Día Mundial contra o Cancro de Mama

Cada ano, o 19 de outubro celébrase o Día Mundial Contra o Cancro de Mama como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade, que é o tumor maligno máis frecuente entre a poboación feminina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na noite do xoves, 19 de outubro, procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor rosa, dentro do actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro de Mama. O obxectivo desta conmemoración é concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade, que é o tipo de tumor máis frecuente en mulleres, así como apoiar e mellorar a vida de todas aquelas persoas que se senten máis vulnerables fronte ó cancro.

Segundo a OMS, cada 30 segundos nalgún lugar do mundo diagnostícase un cancro de mama, e segundo as estimacións, unha muller morre no mundo de cancro de mama cada 53 minutos. Un cancro de mama detectado ó comezo do mesmo, diminúe un 25% a probabilidade de morte.

En España, aproximadamente o 30% dos cancros diagnosticados en mulleres orixínanse na mama. O cancro de mama é xa o tumor máis diagnosticado do mundo, superando por primeira vez ó cancro de pulmón, segundo datos publicados en 2021 polo Centro de Investigaciones sobre el Cáncer (IARC).

Por esta razón, o Concello de Monforte sumarse ó chamamento da Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro de mama. Dende a AECC destácase á necesidade de informar, xa que o cancro de mama é unha enfermidade grave, pero pódese curar si se detecta a tempo. A AECC tamén ofrece servizos como atención psicolóxica, atención social e acompañamento.

A campaña deste ano, #ElRosaEsMásQueUnColor, representa apoio, loita, investigación… e busca que a cidadanía se identifique co que realmente coas persoas con cancro de mama, coas súas necesidades, coas súas experiencias e coa súa supervivencia.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...