HomesociedadeConcentración do persoal da DomusVi de Monforte pola falta de medios e...

Concentración do persoal da DomusVi de Monforte pola falta de medios e profesionais

O persoal da residencia DomusVi de Monforte de Lemos concentrarase o vindeiro luns, 23 de outubro, pola falta de profesionais e de medios para atender os residentes. A protesta terá lugar ás 12 horas diante do centro de traballo, situado na rúa Morín. Comisións Obreiras (CCOO) apoia as demandas das traballadoras e lembra que levan meses advertindo da situación «inadmisible» que se vive na residencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na actualidade, as traballadoras consideran que o principal problema é a falta de persoal, cuestión que se agravou por varios despedimentos coa escusa de «baixo rendemento», ao tempo que non se están cubrindo baixas ou permisos. Deste xeito, o centro está sen médico, sen terapeuta ocupacional e con menos persoal de enfermaría do necesario. Este último punto, “levando á residencia a incumprir a normativa, que esixe a presenza de persoal de enfermaría as 24 horas”, sinala o sindicato.

Os problemas, segundo CCOO, veñen de anos atrás, pero “intensificáronse coa nova dirección, para paliar a falta de profesionais, os responsables do centro sobrecargaron de tarefas ao resto de traballadoras, incluso provocándolles cambios de funcións que supoñen un risco tanto para as persoas usuarias como para as profesionais.”

Poñen como exemplo, a administración da medicación por parte das xerocultoras, cando se trata dunha función do persoal de enfermaría, “Atender as funcións propias e as engadidas provoca que moitas veces non se cumpran as pautas de administración ou pase o tempo necesario entre cada toma de medicamentos.”

CCOO tamén quere facer pública a carestía que se está a ver no centro da rúa Morín e o deterioro da calidade asistencial. “Falta de roupa de cama, colchóns en mal estado, así como recortes en hidratación ou alimentación”, apunta o sindicato. A sobrecarga de traballo tamén provoca que a atención non sexa a axeitada, incrementándose o risco de infeccións —o ano pasado detectouse un gromo de sarna.”

Aos problemas organizativos súmanse as vulneracións de dereitos laborais, “A día de hoxe non temos calendario laboral, carteleiras anuais ou o cómputo das horas extras”, sinala CCOO.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...