HomesociedadeComeza o 'I Simposio Internacional de Odontoloxía na Ribeira Sacra'

Comeza o ‘I Simposio Internacional de Odontoloxía na Ribeira Sacra’

A cita, que se celebra entre o 20 e o 21 de outubro no hotel Áurea Palacio de Sober, conta coa participación de oito relatores de máximo nivel nacional e internacional para abordar diferentes aspectos, tanto teóricos como clínicos en odontoloxía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 20 de outubro comezou en Sober o “I Simposio Internacional de Odontoloxía na Ribeira Sacra’, un evento profesional que organizan os Ilustres Colexios de Odontoloxía e Estomatoloxía de Lugo, A Coruña, Pontevedra e Ourense en colaboración con Galimplant e Endogal.

No acto de apertura, que tivo lugar no hotel Áurea Palacio de Sober, participaron José Tomé Roca, Presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte de Lemos; a Presidenta e Secretaria do Colexio de Odontólogos de Lugo, María Núñez Otero e Iria Sabela Gómez; a Presidenta do Colexio de dentistas de Pontevedra e Ourense; Adriana Sanz Marchena; un representante das empresas Galimplant e Endogal, Benjamín Martín; o Presidente do Consello Galego de Odontólogos, José María Suárez Quintanilla; e o Alcalde de Sober, Luis Fernández.

Tomé Roca, en calidade de presidente da Deputación de Lugo, deulle a benvida aos 200 profesionais que reúne este encontro, e moi especialmente referiuse “a aqueles que visitan por primeira vez este marabilloso lugar das xeografía galega que é a Ribeira Sacra. Como a min me gusta dicir, un anaco de paraíso no interior de Galicia”.

Tamén tivo palabras de agradecemento para as entidades organizadoras e as empresas que colaboran neste evento “por ubicar unha cita de primeiro nivel na provincia de Lugo, no municipio de Sober”, e sinalou tamén que “esta cita é un encontro en torno á saúde e o coñecemento”, e que “desde a Deputación de Lugo colaboramos habitualmente cos colexios profesionais, garantes sempre da boa praxis nas súas respectivas disciplinas e ocupados por promover os avances e o mellor servizo, neste caso sanitario, ao conxunto da sociedade”.

O tamén Alcalde de Monforte desexou finalmente aos presentes un proveitoso simposio e unha feliz estancia, e animounos a aproveitar a oportunidade para coñecer tamén a capital da Ribeira Sacra.

ACTIVIDADES PARALELAS PARA OS ASISTENTES

O simposio que se está a celebrar no coñecido hotel de Sober inclúe actividades lúdicas, como unha viaxe en catamarán polos Canóns do Sil e a visita a varias adegas da zona con experiencias enolóxicas.

Nas visitas ás adegas da zona, os e as profesionais asistentes gozarán de experiencias enolóxicas, e poñerán o colofón ao encontro cunha cea de confraternidade na que terán a ocasión de probar a rica e diversa gastronomía da zona.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Xenofobia ou fraude fiscal?

A polémica (parece que para algúns é o único obxectivo en política) xurdiu unha...

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...