HomeMovementos sociaisConcentración para 'parar o xenocidio' en Palestina

Concentración para ‘parar o xenocidio’ en Palestina

Monforte foi unha das localidades galegas que acolleu concentracións en apoio ao pobo palestino este domingo 22 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Praza de España de Monforte de Lemos acolleu unha concentración en defensa da liberdade do pobo palestino este domingo, 22 de outubro. Unha faixa co lema “Paz e liberdade para Palestina” encabezaba esta acción de solidaridade na que se xuntaron algo máis de medio cento de persoas, algunhas delas chegadas de Valdeorras por ser a concentración de Monforte a máis próxima que tiñan.

A concentración na cidade do Cabe foi unha das 12 que había programadas en diferentes localidades galegas e estaba promovida por Mar de Lumes e apoiada por outras entidades galegas que defenden a liberdade do pobo Palestino.

Aspecto da Praza España de Monforte na concentración en solidaridade co Pobo Palestino / XdL

Participaron representantes do BNG e outros colectivos asociativos de Monforte e Pantón, léndose un manifesto no que se pregaba o cese das agresións bélicas e unha solución política que poña fin a esta crise humanitaria.

ÚLTIMAS

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros...

Esperta Monforte apoia a solicitude de nulidade da votación da moción nacionalista do pleno do 29 de decembro

Esperta Monforte asegura compartir os argumentos expostos polo BNG para reclamar a invalidez do...