HomeDeportesComezan as competicións deportivas no Pavillón da Pinguela

Comezan as competicións deportivas no Pavillón da Pinguela

O Pavillón Polideportivo municipal da Pinguela acolle esta fin de semana as primeiras competicións deportivas, tras inaugurar recentemento as súas obras de mellora.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha vez ultimado dende a Concellería de Deportes o calendario de actividades cos diferentes clubes e asociacións deportivas que habitualmente usan esta instalación deportiva, esta fin de semana o Pavillón da Pinguela comezou a funcionar con total normalidade.

Durante toda a fin de semana dipútanse partidos de voleibol por parte do Club Korbis e do C. V. Ribeira Sacra. “Estanse disputando con total normalidade os primeiros encontros deportivos nun Pavillón sobre o que vimos de levar a cabo unha reforma integral que permite a  Monforte contar cun pavillón polideportivo, seguro, moderno, amplo e que xa da resposta ás necesidades da cidade en materia deportiva , e polo que nos traslada o noso técnico de deportes, a xente está encantada”, sinala o alcalde, José Tomé Roca. O pavillón dá servizo e resposta ás necesidades dos máis de 40 clubs e asociacións deportivas coas que conta o municipio.

A financiación da obra foi compartida polo Consello Superior de Deportes, que aportou o 53,52% do orzamento (1.984.462,24€) e o Concello de Monforte que aportou o 46,48% restante (1.723.589,38€).

O novo pavillón conta cunha imaxe actual e moderna, na que se reordenan os espazos que permitiron crear un novo ximnasio de 131m2, situado a carón do vestíbulo, e un noco almacén na planta baixa, así como aumentar a zona destinada a despachos en 85 m2.

Na planta superior a instalación conta con gradas por todo o arredor da pista deportiva, para o que se ampliou a grada actual e se construíron novas gradas no lado oeste e nas dúas cabeceiras, norte sur. Isto permite pasar dun aforo de 465 persoas, da antiga instalación, a 1.198 localidades, o que posibilitará a organización de competicións de máis alto nivel.

O resto de espazos, pista deportiva, vestíbulo, vestiarios, oficinas para clubs e aseos, son totalmente novos. O exterior do edificio tamén luce unha nova imaxe, xa que se urbanizaron un total de 1.400 m2 arredor do pavillón humanizando así todo o perímetro da instalación

ÚLTIMAS

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada...

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...