HomeMedio ambiente e PatrimonioRemata a consolidación do hórreo romano de muros paralelos no xacemento de...

Remata a consolidación do hórreo romano de muros paralelos no xacemento de Proendos

As actuacións financiadas pola Xunta de Galicia e promovidas polo concello de Sober, consistiron na consolidación do primeiro hórreo romano con disposición dos muros en paralelo que se coñece no noroeste da Península Ibérica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns, o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou o xacemento no que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades investiu 20.000 euros. Este departamento da Xunta leva achegado máis de 100.000 euros aos traballos no xacemento.

Nesta ocasión, os profesionais da empresa Tempos Arqueólogos SL centráronse na zona sur do hórreo romano, onde escavaron a superficie sacando á luz o tamaño completo da estrutura, así como un conxunto de lousas que poderían indicar o uso deste espazo en diferentes momentos posteriores ao século I d.C.

Ademais, no transcurso dos traballos tamén se localizaron ata nove muros de estruturas indeterminadas que continúan máis alá dos límites da escavación e que reflicten a singular riqueza arqueolóxica do conxunto de Proendos.

Os traballos, incluídos no Plan de intervencións arqueolóxicas que a Xunta de Galicia ten en marcha cun investimento de 850.000 euros para actuar en toda a Comunidade, consistiron principalmente na consolidación das estruturas para permitir a súa visita e divulgación entre a poboación local e visitantes.

Para iso, seguindo os criterios de conservación e preservación propios da xestión do patrimonio cultural e as técnicas tradicionais empregadas na época romana, actuouse sobre os muros e a área escavada para garantir un doado mantemento e interpretación das estruturas. Está previsto completar a actuación nos vindeiros días coa actualización do panel explicativo do conxunto.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Xenofobia ou fraude fiscal?

A polémica (parece que para algúns é o único obxectivo en política) xurdiu unha...

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...