HomePolíticaTomé presenta no Parlamento de Galicia un orzamento de 116M€ para a...

Tomé presenta no Parlamento de Galicia un orzamento de 116M€ para a Deputación Provincial

O Goberno provincial está elaborando as contas, que representan un 5% máis ca neste ano, coa previsión de aprobalas en Pleno neste mes de novembro para que así poidan entrar en vigor a primeiros de ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé subliñou que un Goberno “responsable e útil” é o que aproba os Orzamentos en tempo e forma, pero tamén o que fai “unha planificación realista e a executa como é o caso da Deputación de Lugo, que alcanzou unha media anual de execución do 85%, situándose á cabeza das administracións locais de España.”

Cooperación, políticas sociais, mobilidade e apoio aos sectores produtivos son as grandes liñas estratéxicas dos Orzamentos da Deputación de Lugo para o vindeiro ano 2024, concretou o Presidente.

En canto a cooperación, José Tomé incidiu en que a Deputación de Lugo é o Concello dos Concellos, “a día de hoxe a Deputación é unha administración esencial para o funcionamento dos concellos da nosa provincia, sen a que moitos non poderían prestar os servizos máis básicos”. Destacou que a Deputación de Lugo transfire cada ano o 20% do seu Orzamento aos 67 concellos da provincia.

Fronte a este 20% de fondos da Deputación transferidos aos concellos e a pesar das numerosas ocasións en que a institución o ten solicitado, a Xunta de Galicia “segue sen ter un plan destas características, e o máis semellante, o Fondo de Cooperación Local, manteno ben achicado, pois só lle dedica un 1,1% do total do seu Orzamento”.

Xunto aos recursos económicos, a Deputación de Lugo ofrece asistencia técnica a todos os concellos que así o requiren en materia xurídica, urbanística,… e desenvolve o proxecto Impulsa TIC, co que proporciona de maneira totalmente gratuíta aos 52 concellos que decidiron adherirse servizos e equipamentos tecnolóxicos para avanzar na modernización e na transformación dixital da administración.

O Goberno provincial destina 1/3 do orzamento a políticas sociais, “Un esforzo enorme co que suplimos ata onde podemos as carencias da Xunta. “Prometemos no pasado mandato abrir 6 Centros de Atención a Maiores, e cumprimos, a pesar de afrontar unha pandemia mundial polo medio”. A deputación conta con 9 residencias en funcionamento noutros tantos concellos, que ofrecen 300 prazas asistenciais e crean en torno a 225 postos de traballo directos. Anunciou que para o 2024 seguirase traballando noutros 9 proxectos e lembra que se firmou o contrato para comezar a construción do centro da Pobra do Brollón, e avanzan os proxectos de Pantón, Portomarín ou Folgoso do Courel.

Destacou Tomé o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar por parte da Deputación nos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia. No ámbito das políticas sociais, José Tomé destacou que no vindeiro ano 2024 “avanzaremos nun proxecto moi importante para a provincia en colaboración co Goberno de España”, como é a construción dun Centro de Acollida de Protección Internacional nas instalacións do antigo Hospital de San Rafael, en Castro de Rei, propiedade da Deputación de Lugo.

Mobilidade, o 30% dos recursos

Como “factor clave para o equilibrio territorial e, polo tanto, para fixar poboación”, José Tomé expuxo que a mobilidade é outras das liñas estratéxicas dos Orzamentos 2024 da Deputación. Dedícalle o 30% dos recursos, entre as actuacións na rede viaria provincial e a cooperación cos concellos para a mellora das estradas municipais.

Tendo en conta que a institución provincial lucense ten a rede de estradas provincial máis extensa de toda España, con 4.217 quilómetros, e tres veces maior ca da Xunta na provincia de Lugo, o Presidente avanzou que seguirá “reivindicando a necesidade de racionalizar esta situación” e que a administración autonómica asuma a titularidade de estradas de características claramente autonómicas.

Así mesmo, José Tomé anunciou avances de cara ao 2024 para a creación dunha nova unidade, destinada a apoiar a recría de Porco Celta, unha sector en expansión, que ten máis demanda que oferta a día de hoxe.

No eido turístico, no próximo ano 2024 arrincarán as obras que restan do Parque Central de Galicia, potencia o programa Lugo Termal coa suba de investimento e de prazas ofertadas ata as 1.300, renovará o programa de visitas gratuítas para entidades asociativas Coñece a túa Provincia, e continuará coas rutas fluviais pola Ribeira Sacra.

O Presidente da Deputación de Lugo puxo de manifesto que a institución terá de novo no ano 2024 uns Orzamentos “realistas e útiles para os concellos e para o tecido social e económico da provincia”, cos que “demostramos que é posible outro modelo de xestión e outro Goberno para Galicia.”

ÚLTIMAS

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...