HomesociedadeDúas alumnas de Monforte e Sarria reciben premio do Ministerio de Defensa...

Dúas alumnas de Monforte e Sarria reciben premio do Ministerio de Defensa no certame “Carta a un Militar Español”

Gabriela Esther Corral Castro, alumna de 2º Bacharelato de Ciencias do IES A Pinguela e Lúa Río, alumna do CPR Nuestra Señora de la Asunción de Sarria son as alumnas recoñecidas neste certame.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As dúas alumnas recibiron un premio do Ministerio de Defensa pola súa participación no X edición do certame “Carta a un Militar Español”.

O primeiro premio foi para Alejandra Gómez, alumna do CPR Nuestra Señora del Pilar de Foz. As tres recibiron un diploma, un libro electrónico e un reloxo intelixente. Este ano, a entrega realizouse no Vello Cárcere de Lugo formando parte do Día da Subdelegación de Defensa.

Carta a un Militar Español premios / IES A Pînguela

Por outra banda, alumnado de 4º ESO do IES A Pinguela asistiu á celebración de 4 xuízos no Xuzgado do Penal nº 2 de Ourense, actividade que forma parte do programa “Educar en xustiza” que organiza o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Durante os xuízos – Roubo con forza, hurto e receptación, lesións en pelea tumultuaria e denuncia por roubo no entorno familiar- o alumnado fixo seguimento das declaracións in situ e por videoconferencia desde o cárcere de Pereiro de Aguiar. Posteriormente, visitaron as zonas de recepción de detidos, calabozos, zona de rolda de recoñecemento e de contacto cos abogados.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...