HomePolíticaO PP de Monforte volve a reclamar dar solución aos problemas de...

O PP de Monforte volve a reclamar dar solución aos problemas de saneamento e abastecemento

No PP de Monforte acusan a José Tomé “de tentar lavarse as mans e mirar cara outro lado” na resolución dos problemas co saneamento e abastecemento de auga potable que afectan á cidade dende hai varios anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, recorda que no pleno de outubro o alcalde someteu a votación a prórroga dun contrato asinado entre o Concello de Monforte e Confederación Hidrográfica Miño-Sil para o arranxo de varios puntos problemáticos na cidade referentes a saneamento e abastecemento, que tiñan que resolverse antes do remate do 2023.

“Estamos ante a terceira prórroga do convenio, asinado en 2020, e vemos como agora as obras deben rematar en 2025, alongando dous anos máis o remate das obras para solucionar problemas importantes para os monfortinos”, denuncia a popular.

Dende o PP de Monforte reprochan a José Tomé “o desinterese que amosa na corrección dos problemas de auga na cidade e o mal que se está a executar este contrato”. Como exemplo poñen o barrio da Estación e o de Piñeira. No primeiro aseguran que o goberno local non é capaz de atopar o punto no que se está a producir o problema de subministro de auga na rúa Morín, o que derivou en que se están a furar diferentes puntos da rúa, sen que apareza o punto conflitivo coa auga, mentres o alcalde di que “os veciños teñen que instalar bombas de presión en lugar de solucionar un problema que é responsabilidade do concello.” No barrio de Piñeira refírense a problemas co saneamento. As augas fecais saen á rúa, co conseguinte risco sanitario que supón.

Segundo os populares esta situación débese a que “Tomé negouse a aceptar a colaboración proposta dende a Xunta de Galicia, José Tomé pecha a porta e nin quere valorar as opcións que lle ofrecen. Para que fai isto? Para ter o falso argumento de que a Xunta nin colabora nin inviste en Monforte”, denuncia Varela.

ÚLTIMAS

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...

O PSOE de Sarria lidera a resposta social contra a subida de impostos

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, advertiu que “o alcalde gastou sen control, ignorou todas...

O BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h Ourense-Monforte-Lugo

Este servizo fora eliminado no pasado e, tras a mobilización social e política, conseguira...

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...