HomesociedadeRevitalízase a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade co encontro...

Revitalízase a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade co encontro internacional “Paisaxes da auga”

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou este luns na inauguración do encontro internacional "Paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro", que ata o mércores reúne no Parador de Santo Estevo a unha trintena de expertos de todo o mundo co fin de volver impulsar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este encontro, dirixido por Mónica Luengo e Cipriano Marín, especialistas internacionais con experiencia en candidaturas recoñecidas pola Unesco, prolongarase ata o mércores e que se pode seguir tanto de xeito presencial como vía streaming, inclúe un amplo programa de actividades con presentacións, conferencias e mesas redondas, entre outras iniciativas, nas que participarán representantes de organismos como a Unesco, Icomos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza, así como das universidades e outras institucións.

Román Rodríguez agradeceu a participación “de expertos de recoñecido prestixio por compartir o seu coñecemento” e animou a que este encontro contribúa a acadar o máximo recoñecemento da Unesco. Nesta mesma liña, destacou a implicación da sociedade civil e fixo un chamamento para seguir afrontando de xeito conxunto “o verdadeiro reto de país que supón poñer en valor e protexer este territorio. Este é un proxecto colectivo e só sumando esforzos imos ser capaces de acadar a meta proposta”.

Destacou tamén o compromiso do Goberno galego coa candidatura, “cun investimento de 7,2M€ para garantir a conservación de 44 bens deste territorio da provincia de Lugo e Ourense con máis de 80 actuacións arquitectónicas e arqueolóxicas.”

A axenda de mañá. inclúe as ponencias de Tino Mager, secretario xeral do Comité Científico Internacional ICOMOS Auga e Patrimonio; James Douet, consultor da Conservación do Patrimonio Industrial; Miguel Ángel López García, director da Cunca Sil de Iberdrola; Michel Cotte, profesor emérito da Universidade de Nantes; Carlos Nárdiz, doutor enxeñeiro de Camiños, canais e portos; Alfredo Conti, profesor da Universidade Nacional de La Plata (Arxentina); Josep María Mallarach, da Comisión Mundial de Áreas Protexidas; Heiner Krelling, da Universidade Ca’Foscari, e Jessica Brown, do grupo especializado en paisaxes protexidas. Ademais, Cipriano Marín moderará a mesa redonda Valores patrimoniais das paisaxes da auga e Mario Crecente a de Coñecemento tradicional e os retos do futuro.

Paisaxes da auga / Consellería de Cultura

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...