HomePolítica"O interior galego segue esquecido nos orzamentos da Xunta para o vindeiro...

“O interior galego segue esquecido nos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano”, denuncia IGV

Segundo IGV, as comarcas de Lugo e Ourense, seguen coa perda inducida de poboación e dinamismo económico das parroquias, por políticas pouco axeitadas para o territorio e por un crónico déficit de investimento e aposta polo medio rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sinalan que para “impulsar a cohesión territorial, a vertebración dixital e a accesibilidade do solo industrial” adícanse case 69,5 millóns de euros, o que representa un 1,7% do total do orzamento e considérano insuficiente, “tendo en conta as necesidades e que non van mellorar en absoluto a cohesión territorial.”

Lamentan que en Educación non se inclúa un Plan de Ensino adaptado ao interior rural e na Sanidade refírense “ao naufraxio da atención primaria e á degradación de hospitais como os de Monforte, O Barco ou Verín e que os investimentos reais en equipamento hospitalario con fondos propios reprensentan 150.000 euros para Lugo e outro tanto en Ourense.”

A maiores, o Hospital de Monforte recibiría un millón de euros, “mentres continúa sen especialistas e cunha temporalidade e precariedade que espantan o persoal sanitario e o tensionan até o límite.”

En Turismo afirman que a Xunta recoñece unha caída do turismo rural nas provincias de Lugo e Ourense, “que contrasta co constante triunfalismo da publicidade institucional e a ausencia de autocrítica, á par que sinala un aumento xeral do turismo en estabelecementos extrahoteleiros.”

Nas áreas de emprego e igualdade, recóllese o Desenvolvemento do Estatuto da Muller Rural, “unha enunciación de boa vontade que leva décadas de atraso e o mesmo se podería dicir do impulso a xeración de emprego a través de fórmulas que non se dotan e coordinan axeitadamente.

“En política social o SAF e as residencias seguirán agardando e o crecente envellecemento non suscita reaccións no goberno da Xunta”, mentres que en conciliación e “Dinamización demográfica”, a maioría dos fondos vanse para A Coruña e Pontevedra, “Será que en Lugo e Ourense xa se renunciou a deter a demotanasia ou será que o proxecto para o interior galego do PP é o baleirado demográfico e a entrega da Terra e dos recursos a fundos de investimentos e grandes empresas”.

IGV lamenta os poucos fondos para a loita contra especies invasoras e para prevención de danos de incendios e catástrofes para as provincias de Lugo e Ourense. Neste apartado, IGV refírese á castaña, “que a pesar da crise que arrastra desde hai anos só se destinan uns ridículos 19.000€ para a restauración de soutos, unha verdadeira tomadura de pelo. Ao tempo que a ordenación do territorio fica totalmente esquecida”. En canto aos investimentos de Augas de Galicia, lamentan que os concellos centrais das comarcas de Chantada e Lemos, non reciban nada.

“A Xunta continúa apostando polos beneficios fiscais, que son, sobre todo, para as grandes fortunas, deixando de recadar case 700 millóns de euros que precisamos para atender ás numerosas necesidades en materia de Dependencia ou vertebración territorial do interior galego”, conclúen.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...