HomeCulturaEste 10 de novembro preséntase "La Navaja de Ockham", no Ateneo Casino...

Este 10 de novembro preséntase “La Navaja de Ockham”, no Ateneo Casino de Monforte

A Libraría da Proencia organiza a presentación en Monforte da última obra de José María Lago, La Navaja de Ockham, prolongación de La Caja de Pandora.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

La Navaja de Ockham é a continuación da exitora La caja de Pandora, arredor da tráxica morte de dous rapaces dos Escolapios en 1973. A presentación será este 10 de novembro, ás 20 horas, contando co autor, José María Lago, e presentado por Paula Vázquez Verao, como editora, cos agradecementos ao Ateneo Casino polo espazo.

A novela comeza coa presentación da primeira novela, vivida en xuño deste mesmo ano, e desenvólvese freneticamente en dúas semanas nas que a protagonista – trasundo da irmá dun dos falecidos – atopa novas liñas de investigación e cre chegar, por fin, á explicación do caso.Novamente, a novela indaga sobre as distintas versións dos feitos, recollidas pola memoria popular, e achega novas perspectivas, nunha linguaxe áxil e unha estrutura de intriga que mantén en vilo ata o final.

Na presentación, que se celebra cando xa o libro leva dous meses circulando, o autor quere compartir as impresións das e dos lectores e seguir afondando na memoria monfortina sobre estes sucesos. A propia cidade de Monforte e mesmo persoas concretas son protagonistas dun libro moi monfortino.

O prezo de venta é de 20€. Pódese adquirir na páxina web www.proencialibros.com da Libraría da Proencia en librarías de Monforte, así como na propia presentación.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...