HomesociedadeO concello de Monforte mellorará a marxe dereita da rúa Abeledos...

O concello de Monforte mellorará a marxe dereita da rúa Abeledos por execución subsidiaria

O concello levará a cabo o remate desta obra pendente pendente desde hai 20 anos e a empresa que no seu día fixo a urbanización será a que teña que asumir os custes da mesma.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En outubro do 2022 o concello púxose en contacto coa empresa, “CYCS01 CONSTRUCCIONES Y REHABILITACIÓN S.L.” requerindo o remate das obras pendentes e non recibiu resposta. Tendo en conta que se trata dunha parcela única, visto que a parcela foi edificada, que agora mesmo non existe ningunha licenza en vigor por renuncia do promotor, e que a urbanización non foi rematada en toda a fronte da parcela, dende o concello considérase que deben levarse a cabo as obras necesarias para completar a urbanización do espazo público, resultante no Estudo de Detalle aprobado con data 18 de maio de 2004, en toda a fronte da parcela.

Desde o concello quérese urbanizar a parte que falta na fronte da parcela cara a rúa Abeledos nas mesmas condicións e coas mesmas características que a parte xa urbanizada. Tamén esperan retirar nun prazo non superior a 3 meses a grúa instalada na parcela.

Feitos todos os trámites legais pertinentes e co informe do técnico de urbanismo municipal na man, o concello encargou un proxecto para urbanizar a marxe dereita da rúa Abeledos entre irmáns Dapena e a Ronda María Emilia Casas Baamonde, que foi aprobado pola Xunta de Goberno en data 23 de outubro de 2023.

O proxecto afecta a unha lonxitude de 98 metros lineais por 5,53 metros de ancho, o que supón unha superficie de 542 m2.

O custe do proxecto de licitación é de 75.606,89€ que serán repercutidos ó titular da urbanización, o mesmo que a desmontaxe da grúa, que quedará depositada na propia parcela onde está ubicada, e ten un custe de 5.445€, sumando en total o proxecto 81.051,89€.

O Alcalde tamén aclarou que “para entrar á parcela para desmontar a grúa, é necesario solicitar autorización xudicial, que xa llo temos encargado ós servizos xurídicos da Deputación Provincial de Lugo”.

As obras a realizar consisten na apertura da caixa para a dotación de servizos de saneamento, abastecemento, alumeado e comunicacións, o peche da parcela lindeira con bloques de formigón de cara vista, a construción da beirarrúa peonil con bordo e baldosas de formigón, sobre soleira e zahorra, e dotación de firme no carril lindante coa beirarrúa. O prazo para que as empresas presenten as súas propostas rematará o luns, 4 de decembro.

José Tomé rematou salientando que “con esta actuación, quedará rematada toda a urbanización que corresponde ó proxecto de “LAS ACACIAS”, e polo tanto quedará mellorado todo o barrio do Hospital. Está claro que este Equipo de Goberno defende o interese público, por riba de calquera interese particular”.

ÚLTIMAS

Coque Malla, Dorian e Abraham Mateo nas Patronais de Monforte

Nas Festas Patronais deste ano haberá 6 concertos principais, todos eles acompañados de orquestras...

Volven á Ribeira Sacra os Trens Turísticos de Galicia

Esta experiencia ofrece a oportunidade de explorar o patrimonio natural, cultural e gastronómico da...

Monforte contratará a 3 traballadores co Aprol rural

A voceira popular, Katy Varela, pon en valor que a concesión desta subvención facilitará...

“Cabaliño de Lugo” de Lucía Pérez chega á Praza de San Marcos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañou este xoves pola tarde...