HomePolítica"A subida do IBI será nefasta para os petos das familias", asegura...

“A subida do IBI será nefasta para os petos das familias”, asegura o PSOE de Pantón

A agrupación do PSdeG en Pantón denuncia que a suba do IBI aprobada polo equipo de Goberno no último Pleno municipal “traeá consecuencias nefastas para os petos das familias”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro socialista, Roberto Prado Díaz, afirma que a veciñanza pasará dun gravame do 0,49% ao 0,55% nas súas facturas, “o que supoñerá un incremento para as arcas municipais en torno a uns 45.000€.” Lembra que en maio do pasado ano presentaran unha moción reclamando a baixada do IBI, “co fin de diminuír o tipo de gravame do 0,49% tanto para bens inmobles de natureza urbana como para os de natureza rústica”.

Agora aseguran que “ao PP de Pantón e ao seu goberno só lle interesa o seu peto e non a economía e os ingresos das nosas familias”. Mentres tanto, “lonxe disto e de atender as reclamacións veciñais, seguen a diminuír as nosas economías cando estamos a ver como baixan os impostos das grandes fortunas”. Recentemente tamén o BNG de Pantón criticaba esta subida.

Así mesmo, critica o socialista “o incumprimento e as mentiras do alcalde e da Xunta de Galicia” ao anunciar o compromiso de Sanidade de cubrir a praza do terceiro médico para o Centro de Saúde da localidade. “De novo a nosa sorpresa ao comprobar que sobre isto nada se sabe e non se contempla nos orzamentos da Xunta para este 2024”. Polo que, denuncia Prado Díaz, “toda esta batería de promesas e anuncios non son máis que fume e caen polo seu propio peso, a pesar de ter chegado coa demanda veciñal ao propio Parlamento Galego”. Lamenta que Pantón teña que resignarse a seguir con esta precariedade na asistencia sanitaria, “É intolerable, e non podemos permitir que se xogue desta maneira coa saúde dos nosos veciños e veciñas”.

ÚLTIMAS

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...