HomePolítica"Non podemos ter o núcleo de Bóveda sen atención sanitaria", lamentan desde...

“Non podemos ter o núcleo de Bóveda sen atención sanitaria”, lamentan desde o PSdeG

A agrupación do PSdeG en Bóveda denuncia que o Centro de Saúde da capitalidade está sen ningún médico, e non conta con persoal de enfermería. A voceira municipal socialista, Carmen Macía, úrxelle ao Sergas e ao Concello a que doten do persoal necesario a Atención Primaria da localidade, porque “esta situación é insostible no tempo, non podemos ter o núcleo de Bóveda sen atención sanitaria”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Din os socialistas que “nunca a atención sanitaria foi tan débil e nunca tivemos unha situación tan mala como a de agora. Antes aínda alternaban o médico substituto dalgún dos dous centros de saúde para atender a todo o municipio, pero agora nin iso: nin cobren os días libres dos médicos, nin vacacións, nin as baixas”, polo que a xente ten que desprazarse a Rubián. 

“Agora mesmo hai un médico substituto no Centro de Saúde de Rubián, pero no de Bóveda non temos ningún”, e critican ao rexedor local por permitir esta situación, “unha vez máis, deixa ver como non lle importa o benestar da súa veciñanza e prégase aos intereses da Xunta de Galicia, sen dicir nada nin esixir o que nos pertence aos bovedenses”.

A voceira socialista insiste na gravidade da situación ao ter unha poboación cada máis envellecida que precisa máis atencións e coidados, “e a Xunta que nos dá? Menos médicos, centros de saúde sen persoal sanitario e mándanos facer quilómetros para recibir atención, cando moitas persoas carecen de carné de conducir e de medios para se desprazarse. É hipócrita que a Xunta fale de fixar poboación no rural cando non dá servizos públicos de calidade”. O BNG tamén denunciaba recentemente esta situación.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...