HomeCulturaExitosa presentación do conto 'O Misterio do Tulipán'

Exitosa presentación do conto ‘O Misterio do Tulipán’

O centro sociocultural de Bóveda acolleu na tarde do domingo 12 de novembro a 1ª Presentación do conto “O Misterio do Tulipán”, unha obra de Yolanda Álvarez Castro, autora de Rubián.

Publicado o

POR
Peruchela
- Advertisement -

Este pasado domingo, 12 de novembro, o Centro Sociocultural de Bóveda acolleu a máis de cincuenta persoas, sendo principalmente público infantil, nenos  de ata 10 anos  acompañados dalgúns dos seus familiares. O motivo non foi outro que presentar “O Misterio do Tulipán”, unha obra literaria de Yolanda Álvarez Castro.

Yolanda deu inicio á presentación con agradecementos para todas aquelas persoas que formaron os elos da cadea necesarios para que o conto se convertera en realidade. Deseguido, a autora de Rubián explicou como naceu o conto e o orgullosa que está do ilustrador da portada, o seu fillo Theo.

UNHA PRESENTACIÓN MOI INTERACTIVA

Arroupada por dous músicos, Martín e Gonzalo do grupo musical LOUBAND de Sarria, comezou o contacontos interactivo cos asistentes e ao rematar o espectáculo, merenda e  pinta caras para todos, nenos e maiores.

Con cada libro que se vendeu a autora agasallou un lapis tulipán artesán ata esgotar existencias asimando con moito entusiasmo cada un dos exemplares. Nenos e maiores gozaron moito deste acto cultural organizado pola autora en colaboración co Concello de Bóveda e a editorial Peruchela Edicións.

Acompañamento musical con dous músicos de Louband. Foto: Peruchela.

MÁIS PRESENTACIÓNS

O vindeiro domingo 19 de novembro ás cinco da tarde será a segunda presentación de “O Misterio do Tulipán”, farase en Lugo no centro sociocultural do Vello Cárcere.

En adiante, a escritora ten previstas máis presentacións por varias vilas galegas co oxectivo de achegar o libriño ás crianzas. Está escrito en letra maiúscula e é ideal para os primeiros lectores.

Libros e lapis de agasallo. Foto: Peruchela.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...