HomesociedadeDemándase un impulso conxunto definitivo á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio...

Demándase un impulso conxunto definitivo á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade durante o Foro Territorios Patrimonio

Este martes remata no Parador de Turismo de Monforte, a sétima edición deste foro no que se celebran mesas redondas, debates e visitas á zona. A cita reúne cada ano na Ribeira Sacra a voces representativas en cuestións como patrimonio, turismo sostible e futuro vitivinícola.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Foro Territorios Patrimonio é un centro de debate catalizador das tendencias de presente e futuro ao redor do programa de charlas, mesas redondas, catas e actividades que se desenvolven presencialmente e online. 

Entre os obxectivos que se abordan destacan o de dar visibilidade, nunha contorna de debate e reflexión, á candidatura a Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra; interpretar a situación actual poñendo o foco nos retos máis inmediatos, así como nas estratexias de traballo para un futuro desexable; garantir un espazo de diálogo que ofreza ferramentas de traballo, formación e promoción para os axentes locais, representantes institucionais e traballadores de empresas de cultura e turismo do territorio; e conectar á Ribeira Sacra con outros territorios Patrimonio da Humanidade a través de personalidades de relevancia internacional que coñezan de primeira man os retos que implica este recoñecemento.

No acto inaugural o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, agradeceu a colaboración e participación activa dos principais axentes implicados nesta paisaxe “para acadar un impulso definitivo á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco e acreditar con toda a forza o seu valor sobranceiro. Este é un dos grandes tesouros de Galicia e, grazas ao compromiso e o labor compartido nos últimos anos con concellos, expertos, sociedade civil e administracións, hoxe gozamos dunha Ribeira Sacra máis viva, máis coidada e máis recoñecida”, salientou.

O conselleiro de Cultura fixo un chamamento “para continuar na senda dun proxecto común que contribúa a reflectir con maior énfase a riqueza, a diversidade e o incalculable valor desta comarca. Todos debemos estar orgullosos do que levamos feito, pero é necesario seguir traballando e sumando esforzos para afrontar este reto”.

Foro Territorios Patrimonio inauguración / Consellería de Cultura

Pola súa banda, o rexedor monfortino, José Tomé, destacou a importancia do enclave onde se celebra este Foro, o Conxunto Monumental de San Vicente, que está “encadrado dentro do Conxunto histórico de Monforte de Lemos, e puxo tamén en valor a importancia da Xudaría monfortina.

O alcalde reivindicou o papel esencial que dentro do patrimonio paisaxístico da Ribeira Sacra aporta o Miradoiro do Duque, “situado xusto encima do embarcadoiro Ponte do Sil, de onde saen os catamaráns da Deputación de Lugo, elementos cos que podemos descubrir a beleza e a maxestuosidade e o valor inmaterial dos viñedos da Ribeira Sacra, fronte a Castro Caldelas”.

Como Presidente da Deputación de Lugo, salientou que na Ribeira Sacra se atopa a maior concentración de Románico rural de toda Europa, e polo tanto, do mundo, “aspecto este que foi posto en valor nos últimos anos polo ente provincial que presido, e que supón un reclamo de primeira índole para as persoas que nos visitan”.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...