HomeCulturaO Museo Pazo de Tor, espazo de referencia internacional en museoloxía social

O Museo Pazo de Tor, espazo de referencia internacional en museoloxía social

Este luns o Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos, un dos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo, acolleu un módulo formativo para avaliar o impacto real dos procesos de museloxía social na comunidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade, que se desevolveu ao longo de toda a xornada, foi seguida presencialmente por unha vintena de participantes e online desde iberoamérica por varios centos de persoas vinculadas cos museos, a cultura e a educación. Traspasando deste xeito fronteiras co valor educativo da Rede Museística Provincial.

Eloísa Pérez Santos, profesora de avaliación psicolóxica da Universidade Complutense de Madrid e investigadora de públicos de museos, guiou o encontro que estivo coordinado por BenCuriosa-Implementa Cultura Accesible.

A deputada da área de cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, Iria Castro, achegouse ao encontro e a xerente da RMPL, Encarna Lago, agradeceulle a atención que fai a este tipo de accións, “Vimos de facer recentemente todo o que ten que ver con desigualdades de clase e ciclos de vida e queremos ver se estes proxectos están acadando o impacto para o que se fixeron. Tentamos mellorar día a día e agradecemos o apoio recibido desde a área de cultura”.

Pola súa banda, a deputada Iria Castro, loubou a iniciativa que dá continuidade ao encontro celebrado o pasado ano; “Como profesionais é importante seguir formándonos e chegar cada día a máis público, o que adquire unha relevancia especial nos sectores da cultura e a educación como é o caso. Por iso é neceario ver o alcance das iniciativas e se están tendo o resultado que queremos.”

Museoloxía social encontro Pazo de Tor, visita Iria Castro / RMPL

A actividade forma parte da proxección externa da RMPL e segue o lema que o Consello Internacional de Museos (ICOM) determinou para o Día Internacional dos Museos de 2023, “Museos, sustentabilidade e benestar”. O obxectivo último sempre é ser o museo que se quere ser e que ten a museoloxía social como filosofía a seguir. O Museo Pazo de Tor segue converténdose así no espazo de referencia internacional sobre o tema, “Ao Pazo de Tor o MINOM (Movemento Internacional para a nova Museoloxía) dóalle o arquivo de todo o que supón a museoloxía social a nivel mundial, convértese así na sede do arquivo de MINOM a nivel internacional”, destacou Encarna Lago.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...