HomeCultura"Inseguridade social" do grupo Teatreiras de Monforte, o 18 de novembro na...

“Inseguridade social” do grupo Teatreiras de Monforte, o 18 de novembro na casa da cultura

O salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá o sábado, 18 de novembro, a partir das 8 da tarde unha representación teatral con entrada libre e gratuíta dirixida a todos os públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó segundo semestre deste ano 2023. A cita deste sábado será coa obra “Inseguridade social” por conta do grupo monfortino de teatro Teatreiras.

Este ano o elenco de Teatreiras inclúe actores e actrices de entre 9 e 80 anos; para algún e algunha é a súa primeira experiencia na escena teatral. Actuarán así Alexandra Georgiana, Sofía Rodríguez, Antía Quiroga, Sergio López, Pilar Cambón, Mª Clarisa Mira, Anxo González, Yasmina Iglesias, Noelia Pastor, Rita Aira, Dorinda Veiga, Iago Fernánde, Gloria Guerrero, Mª José Abeledo, Lucía Felpeto Santero e Andrea Abeledo. A montaxe, coordinación e dirección é de Francisca Abeledo.

“Inseguridade social” é unha versión libre da comedia “Inseguridad social” de Albert Villaró, que foi traducida ao galego e adaptaba pola coordinadora e directora do grupo Teatreiras para os participantes neste curso 2023, coa intención de que as persoas participantes poidan disfrutar e aprender lúdicamente da experiencia teatral.

A peza narra con moito humor as peripecias, equívocos e disparates que se van sucedendo na recepción dun hospital. Por alí pasarán personaxes moi diversos que acabarán revoltos no desenlace final: servizo de limpeza, enfermeiras e enfermeiros, doutoras e doutores, psiquiatra, administrativas, varias pacientes e impacientes e un visitador médico particularísimo. Todas e todos contarán a súa versión e o público verá que… todo é posible.

A seguinte obra programada polo equipo de goberno do concello de Monforte, dirixida para todos os públicos, será A autopista de Argalleiras-Chantada que terá lugar o sábado, 25 de novembro, na Casa da Cultura ás 20:00 h, sendo a entrada gratuíta. Esta peza está dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...