HomeEconomíaMonforte presenta "os orzamentos máis sociais da historia do concello", case 16.400.000€

Monforte presenta “os orzamentos máis sociais da historia do concello”, case 16.400.000€

O equipo de goberno de Monforte leva ao pleno do 27 de novembro os orzamentos do 2024, que ascenden a máis de 16 millóns de euros, o que supón un incremento do 6,60% con respeto ao pasado ano. Este sábado pola mañá presentábanse aos orzamentos e o alcalde, José Tomé, destacaba que "seguimos facendo historia, ningún alcalde de Monforte aprobou os orzamentos en tempo e forma durante 9 anos consecutivos, como así o levamos facendo nós, para que os orzamentos entren en vigor a principios do ano entrante, neste caso o 2024”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A previsión de ingresos e de gastos do orzamento para o ano 2024 é de 16.386.335,94€, máis de 16 millóns de euros, o que supón un incremento con respecto ó ano 2023 de 1.015.189,71€ (en 2023 era 15.371.146,23€), é dicir, un 6,60% máis.

No apartado de ingresos, desde o concello destacan os correspondentes á participación nos Tributos do Estado, 4.420.000€, e aos Fondos de Cooperación cos Concellos da Xunta de Galicia. A partida correspondente ó IBI mantense cun ingreso previsto de 4.190.000€, prevese un incremento de ingresos no Capítulo 2 debido ó aumento de participación da cidadanía nas actividades do Concello, como por exemplo, as Escolas Deportivas, a Piscina municipal, a Escola de Música ou a Escola de Danza,.. Tamén se reflexa un incremento neste capítulo, correspondente ó imposto do 1,5% que deben satisfacer as empresas enerxéticas, de telecomunicacións e de gas. E prevese a posibilidade de concertar un crédito de 750.000€, “que posiblemente non sexa necesario, debido á incorporación de remanentes en marzo, pero deste xeito xa non habería que facer outro Pleno”, como sinala o alcalde.

O Capítulo 1 corresponde ó persoal, aumenta un 4,63% pola aplicación da Relación de Postos de Traballo e pola cobertura de postos vancantes, quedando a partida total en 5.202.085,35 €,

No apartado de ingresos sinalan que, no Capítulo 2, correspondente ó gasto corrente, a partida total é de 8.898.094,31€. Increméntase o lixo, dado que sube o IPC tal e como establece o contrato; a limpeza e mantemento dos parques, ou o servizo de axuda a domicilio. A este repecto o rexedor aclara que, “aínda que contablemente inclúese como gasto corrente, para min non é un gasto, senón que é, unha inversión nas persoas”.

No Capítulo 4, relativo a subvencións e transferencias, a partida total é de 1.185.076,58€, para subvencións en deportes, subvencións nominativas a entidades, nas festas das parroquias e dos barrios,…

Nos Capítulo 6 y 7, o importe destinado a investimentos para o ano 2024 é de 1.014.079,70€, fronte ós 625.099,18 € que se tiñan no ano 2023, “quizais, o maior incremento na historia do Concello de Monforte con fondos propios”. O acalde destacou tamén a conxelación das taxas e impostos, a excepción daqueles servizos que están suxeitos a contrato e que teñen cláusula de actualización do IPC e a redución da taxa do cemiterio nun 50%.

Servizos sociais e investimentos, “piares do orzamento 2024”

José Tomé destaca que estes orzamentos apóianse en dous piares, servizos sociais e investimentos. O gasto social para Axuda no fogar (SAF) ascende a 1.894.033,64€, case un 10% de incremento. Mantense a partida de emerxencias sociais con 60.000€ e a de eficiencia enerxética en 20.000€ ou a aportación ó programa Xantar na Casa con 22.484€ de axudas.

O importe destinado ó Campamento Deportivo de verán, o Plan Activa e as actividades do CIM, ascende a 95.000€, un 5,55% máis que neste ano. Mantéñense as axudas para a adquisición de libros de texto, o bus para estudantes universitarios e de ciclos formativos e os buses escolares. Á Gardería municipal destínanse 145.952,76€; 15.000€ para o Conservatorio municipal e a asociacións sociais e culturais 12.000€.

Para investimentos destínanse en 2024 1.014.079,70€, un 62,22% máis. Parte do investimento vai destinado a melloras e reposicións de vías urbanas, por importe de 340.000€, a mellora do Polígono Industrial do Reboredo, coa aportación de 201.147,93€ que vai aportar o Concello para a EDAR. Suma 62.000€ a aportación do concello para o convenio co Ministerio de Transportes, Mobilidad y Agenda Urbana anunciado no día de onte, en relación coa construción unha nova conexión entre as estradas N-120A e N-120, completando así a Ronda Urbana entre o cruce da rúa San Pedro, a rotonda do Hórreo e a recta de Distriz, quedando completa a circunvalación de Monforte.

Destaca tamén o rexedor, o investimento para o Obradoiro de Emprego, que está a piques de comezar, 81.530,60€, consolídase o importe para a creación neta de emprego que leven a cabo as empresas e os autónomos con 30.000 euros.

En deportes increméntanse as axudas en 2.000€, para clubs, contémplanse 117.040€ en 2024. Mantéñense as axudas para deportistas individuais e recóllense 12.000€ para a participación en campionatos de España, europeos ou mundiais.

Para a área de cultura destínanse 185.000€: para actividades de cultura, 100.000€, para a Feira Medieval, 35.000€, e para o Festival do Viño, 50.000€. A aposta polas Festas Patronais é firme, cun orzamento de 300.000€, solo para o apartado musical, que se incrementará si fose necesario, como vimos facendo todos estes anos.

“Con estes datos, queda claro que estes orzamentos son os máis sociais da historia do Concello de Monforte, o que demostra que temos unha preocupación máis social, que queda explicitada nestes orzamentos, que é onde hai que demostralo aportando recursos”, insiste José Tomé, “Estes orzamentos vannos permitir seguir mellorando a nosa cidade, tal y como vimos facendo ano tras ano, polo que os orzamentos están pensados unicamente por e para os monfortinos e as monfortinas, é dicir, están pensados en Monforte de Lemos”. Con todo, desde o equipo de goberno esperan que a oposición respalde estes orzamento no pleno do día 27.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...