HomeCulturaO Pazo de Tor amplía a súa biblioteca social cunha doazón de...

O Pazo de Tor amplía a súa biblioteca social cunha doazón de libros en braille

A colección de 62 libros en alfabeto braille corresponde á biblioteca de María Teresa de Castro Luaces, que en vida doara algunhas obras e tras o seu falecemento doa a súa biblioteca completa. "Tivo en conta o traballo que se fai no museo desde o punto de vista da museoloxía social", destaca a xerente da RMPL, Encarna Lago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A biblioteca social do Museo Pazo de Tor ubícase na casa da soga, espazo que ven de ser recuperado recentemente. Para acceder á biblioteca as persoas interesadas terán que pedir cita no correo concertacionsrpm@gmail.com, verase tamén a posibilidade de facer préstamos.

En todo caso os exemplares acaban de chegar ao Pazo de Tor e queda aínda por diante un traballo de catalogación para posteriormente incorporalos aos fondos de consulta da biblioteca do museo. A deputada de Cultura, Iria Castro, sinalou a importancia de sumar estas doazóns a un arquivo público para “a consulta cidadá e dar así acceso a quen o precise”.

Entre os títulos que se suman á colección provincial encóntranse Cantares gallegos ou En las orillas del Sar, de Rosalía de Castro; El principito, de Antoine de Saint-Exupéry, Rimas y Leyendas, de Gustavo Adolfo Béquer, entre outros títulos como Platero y yo, Los 3 mosqueteros, El conde de Montecristo ou 20000 leguas de viaje submarino.

Ademais de poesía e narrativa tamén se suman exemplares para a ensinanza e a aprendizaxe a través do alfabeto Braille.

Iria Castro e Encarna Lago doazón braille / RMPL

ÚLTIMAS

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...

‘Foliada Guímara’ en Pacios da Veiga

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón...

12 creacións e 3 participantes nas coplas para celebrar ‘Os maios’ en Monforte

O pasado mércores 7 de maio celebrouse en Monforte unha nova edición do Concurso...

O PP critica “os 18 anos de abandono” de Augas Mestas

Este área recreativa, construída no ano 1996 pola Deputación cun goberno popular, tiña como...