HomeEn profundidade"Na Ribeira Sacra hai 98 familias de Reino Unido", afirman na inmobiliaria...

“Na Ribeira Sacra hai 98 familias de Reino Unido”, afirman na inmobiliaria Galicia Paradise

Así se manifesta José García Beltrán, propietario da inmobiliaria "Galicia Paradise", negocio que empezou a operar hai anos no Concello de Pantón. Na actualidade ten a súa sede en Ourense.

Publicado o

POR
Segredos de Pantón
- Advertisement -

O colectivo dinamizador, Segredos de Pantón, achega unha nova entrevista, neste caso realizada ao creador da inmobiliaria Galicia Paradise, un proxecto empresarial que está a traer a moitos extranxeiros á Ribeira Sacra.

Para  comezar  a  entrevista,   sabemos   que   sodes   unha  inmobiliaria 
especializada  en  propiedades  no   rural,   mais   tamén  nos   bens   históricos. 
Contádenos algo  máis. 

O de dedicarnos á venda de propiedades no rural forma parte dunha filosofía: darlle vida ás casas e ás aldeas para que non se convirtan en ruinas. Pensamos nos avós e os pais que tanto loitaron para manter ás súas familias cheas de traballos, recordos e sufrimentos.

Unha turoperadora inglesa falounos nun encontro dun programa que emitían na BBC, sobre unha zona costeira do norte do estado español chamada Galicia. A maioría dos ingleses descoñecían esta parte da península, confundíndoa cunha comarca de Polonia chamada Galitzia, pero espertou un interese importante no norte de Inglaterra. Desta conversa xurdiu a idea de “Galicia Paradise” para tratar de vender propiedades, en moitos casos sen moradores ou non aptas para vivir. En canto a bens históricos, o Concello de Pantón conta cun patrimonio moi importante, non sempre sostible para a Administración e para os particulares.

“A maioría dos ingleses descoñecían esta parte da península, confundíndoa cunha comarca de Polonia chamada Galitzia”

Temos visto que tamén facedes traballos de restauración. Que tipo de encargos tedes habitualmente? Faládenos dalgún caso curioso e de como está a ser a tendencia habitual da restauración de propiedades inmobiliarias.

A actividade de restauración veu dada polo descoñecemento que os ingleses tiñan tanto da man de obra como da compra de materiais, sen esquecernos da lingua. Os conceptos son moi diversos en función das características que teña a casa comprada, non obstante, sempre cunha distribución en consonancia cos hábitos e costumes inglesas. Dende hai uns anos xa controlan entre eles, porque hai residentes con tódolos oficios e a lingua non é problema. Non podemos esquecer que na Ribeira Sacra hai 98 familias de Reino Unido.

En Pantón polo que temos visto tedes varias propiedades á venda, entre elas 2 pazos. Como é a venda deste tipo de bens? Cada vez tedes máis?

O feito de ter moitas propiedades no Concello de Pantón ten moitos motivos. En primeiro lugar, Galicia Paradise comezou a súa andaina no Castro de Ferreira, despois de considerar que era unha boa zona dado que era un centro xeográfico da Ribeira Sacra, coas 3 ribeiras que ten e que no seu día lle daban o nome de “Mares interiores de Galicia”, moi comercial.

Por outra banda, ten un patrimonio histórico moi importante, tanto no eido monumental, relixioso, como en grandes pazos e casas señoriais en mans de particulares. A venda deste tipo de bens ten moitos matices, depende da orixe dos compradores, do seu poder económico e de se vai ser a residencia habitual no presente ou para o futuro. Cada día temos máis propiedades á venda que quedan abandoadas, unha vez que morren as persoas maiores, os herdeiros non teñen interese en acondicionalas para que estean en consonancia coas necesidades actuais.

Como coñecedores da compra-venda de casas, agora mesmo como está a cousa no sur de Lugo e en Galicia en xeral?

A implantación do Brexit mermou as visitas dos ingleses, pero medraron de Francia, Países Baixos, Alemaña e Rusia; sen esquecernos do mercado español. Madrid, Barcelona, Andalucía e a costa Mediterránea que fuxen do concepto colonia ou por motivos de clima. Todo isto fai que estea aumentando de maneira exponencial a compra de vivendas como primeira ou segunda morada na nosa terra.

Casa restaurada / Galicia Paradise

“A implantación do Brexit mermou as visitas dos ingleses”


Na Ribeira Sacra coméntase que hai moitos estranxeiros con propiedades. Vós confirmades que veñan tantas persoas alleas á nosa terra mercar casas? Como foi e está a ser este proceso e a súa evolución?

En canto aos extranxeiros na Ribeira Sacra, para facerse unha idea, diciamos que había 98 familias inglesas, non vivindo permanentemente pero con propiedade nesta comarca. Que eu saiba hai sobre 12 familias alemanas, 14 de orixe holandés, 5 francesas, 14 rusas, sen esquecer os españois de distintas provincias que roldarán as 40 familias. Como xa comentamos, os motivos desta demanda veñen dados por diversos conceptos, dende o custo da vida, a hospitalidade do noso pobo, a calidade da gastronomía, a vexetación, ata o aire que respiramos.

Para rematar, postos a imaxinar, onde e por que escolleriades ter unha casa en Pantón?

Por que escollería Pantón? Despois de todo o expresado con anterioridade, queda pouco que dicir, xeograficamente ten moitas avantaxes, ten todos os servizos básicos, está moi perto de Monforte, do Hospital, do ferrocarril, perto de Ourense cos seus centros comerciais, unha poboación esparexida con toda a riqueza natural precisa e un patrimonio histórico inmellorable.

Casa restaurada / Galicia Paradise

 


 

 

 

 

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...